Chaloner Ogle, nado en 1681 e finado o 11 de abril de 1750, foi un almirante británico.
Pertencía á rama de Kirkley da familia Ogle de Northumberland. Capitán do HMS Swallow desde 1721, dirixiu accións contra os piratas na costa occidental africana. Entre o 5 e o 10 de febreiro de 1722 derrotou[1] a frota pirata de Bartholomew Roberts formada por tres navíos. Por esa acción o rei nomeouno cabaleiro. En 1741 como almirante dirixiu un ataque británico contra tres fortes en Cartaxena de Indias durante o sitio de Sitio de Cartaxena de Indias da Guerra da Orella de Jenkins. O 4 de setembro de 1742 xulgárono por asalto contra Edward Trelawny, gobernador de Xamaica durante unha disputa entre este e o almirante Edward Vernon, Ogle foi declarado culpable[2] pero seguiu a súa carreira na Mariña Real e desde 1746 representou á cidade de Rochester no Parlamento británico[3].