O chanakhi (en xeorxiano: ჩანახი) é un estufado de carne (xeralmente de carne de cordeiro) tradicional da cociña de Xeorxia. Sérvese nunha ola de barro xunto con arroz.
Trátase dun prato de cocción lenta (case unha hora), as verduras incluídas no estufado son: cebolas, berenxenas, allo e patacas.