Changua

Changua

Sopa de changua
Tipo Almorzo
Orixe Colombia
Ingredientes
Animal Leite
Ovo
Vexetal Cebola

Changua (sopa de leite con ovos) é un almorzo de sopa típico da rexión dos Andes centrais de Colombia, en particular das áreas de Boyacá e Cundinamarca, incluíndo a capital, Bogotá.[1] O prato ten orixes chibcha.[2] Tamén ten a reputación de curar a resaca, sendo unha comida popular nocturna.[3][4]

Unha mestura de cantidades iguais de auga e leite é quentada cun chisco de sal. Unha vez fervendo, engádese un ovo aberto sen desfacer a xema, deixando que se cociñe durante un minuto mentres queda cuberto. A sopa é servida nun prato fondo, acompañado de ceboliñas, as cales poden ser fritidas de antemán, un pouco coandro, e unha peza o pan chamado "calado" que suaviza no changua. Ás veces sérvese con pezas de queixo que se funden na sopa.

Versións modernas de "changua" inclúen caldo de polo no canto de auga, tomate, coandro, almojábana[5] e arepas de "choclo".

  1. Vega, Óscar (2012). "Alimentos típicos de Boyacá" (PDF). Perspectivas en nutrición humana (Escuela de Nutrición y Dietética, Universidad de Antioquia. Medellín, Colombia) 14 (2). ISSN 0124-4108. 
  2. Gómez, Diego F. & Gómez, José Manuel. Muisquismos léxicos. 2019
  3. @NatGeoUK (2020-12-22). "Nine hangover cures from around the world". National Geographic (en inglés). Consultado o 2021-09-20. 
  4. Hopson, Phoebe (2017-05-19). "Drunk food: Night out nosh". The Bogotá Post (en inglés). Consultado o 2021-09-20. 
  5. "A History of Bogotá in 9 Dishes". Roads & Kingdoms (en inglés). 2018-03-15. Consultado o 2021-09-20.