Chapada Diamantina

Vista do morro Pai Inácio, Chapada Diamantina/BA.

A Chapada Diamantina é unha rexión de serras situada no centro do Estado brasileiro de Baía, onde nacen moitos ríos das bacias do Paraguaçu, do Jacuípe e do Río de Contas. Esas correntes de auga brotan nos cumes e deslízanse polo relevo en regos, forman fervenzas e piscinas naturais. A vexetación é exuberante, composta de especies da caatinga (rexión semi-árida do Brasil) e da flora serrana, destacando as bromelias, orquídeas e margaridas.

Algúns dos seus atractivos naturais son a Cachoeira da Fumaza, co seus 380 metros de caída libre, e o Pozo Encantado. O turista pode optar entre visitar grutas, tomar baño de cachoeira, facer trekking en antigos camiños de minería, montar a cabalo ou practicar deportes e aventuras.

Os dous puntos máis altos da Bahia están na Chapada: o Pico do Barbado, co 2.033 metros (o máis alto da Rexión Nordeste) e o Pico das Almas, co 1.958 metros.

Parque Nacional da Chapada Diamantina

[editar | editar a fonte]

O Parque Nacional foi creado en 1985 por decreto federal, e abrangue unha área de 152 mil hectáreas da Serra do Sincorá e arredores. Inclúe porcións dos municipios de Lençóis, Palmeiras, Andaraí e Mucugê. Localízase entre as coordenadas xeográficas 41º35'-41º15' de Lonxitude Oeste e 12º25'-13º20' de Latitude Sur.