![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de marzo de 1851 ![]() Chilly-le-Vignoble, Francia ![]() |
Morte | 2 de maio de 1908 ![]() 15º distrito de París, Francia ![]() |
![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
Educación | École Normale Supérieure ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Bacterioloxía ![]() |
Lugar de traballo | París ![]() |
Ocupación | político, médico, biólogo, químico ![]() |
Empregador | Instituto Pasteur ![]() |
Profesores | Louis Pasteur ![]() |
Influencias | |
![]() |
Charles Chamberland, nado o 12 de marzo de 1851 e finado o 2 de maio de 1908, foi un microbioloxista francés procedente de Chilly-le-Vignoble, Borgoña-Franco Condado, que traballou con Louis Pasteur.
En 1884 desenvolveu un tipo de filtración coñecido actualmente como o filtro Chamberland ou filtro Chamberland-Pasteur, un dispositivo que fixo uso dunha barra de porcelana sen esmaltar.[1] O filtro contaba cuns poros máis pequenos que as bacterias, facendo posible pasar unha solución bacteriana a través do mesmo e eliminando dita bacteria da solución. Tamén se lle recoñece ter comezada un proxecto de investigación que deu pé á invención, en 1879, do dispositivo coñecido como autoclave.
Chamberland traballou con Pasteur e deu, de xeito fortuíto, coa vacina para a cólera aviar. Ao irse de vacacións, esqueceuse inxectar o axente infeccioso nalgúns polos tal e como lle fora dito. Ao retornar atopárase co frasco das bacterias e pensou que, con todo, podería inxectalas nos polos. Para a súa sorpresa as aves non morreron. Informou do sucedido a Pasteur, quen lle dixo de inxectar unha mostra fresca aos polos. Novamente inxectou a solución bacteriana nas mesmas criaturas, que se mostraban inmunes aos seus efectos mortíferos.[2] Ambos se decataron, en consecuencia, de que unha forma máis feble do axente infeccioso podía actuar como vacina.[3]