Nome orixinal | (en) Charles Alexander Eastman |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 19 de febreiro de 1858 Preto de Redwood Falls, Minnesota |
Morte | 8 de xaneiro de 1939 (80 anos) Detroit, Míchigan |
Lugar de sepultura | Detroit |
Educación | Dartmouth College Beloit College (en) Boston University School of Medicine (en) Knox College (en) |
Actividade | |
Ocupación | médico, escritor, Valedor do Pobo, folclorista, autobiógrafo |
Membro de | |
Xénero artístico | Folclore e autobiografía |
Familia | |
Cónxuxe | Elaine Goodale Eastman |
Nai | Mary "Winona" Nancy Wakantankanwin Ota |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Library of the World's Best Literature |
Charles Alexander Eastman, nado como Hakadah (máis tarde coñecido como Ohíye S’a) o 19 de febreiro de 1858 e finado o 8 de xaneiro de 1939, foi un físico, escritor e reformador Santee Dakota educado na Universidade de Boston. A comezos do século XX, foi "un dos máis prolíficos autores e oradores da etno-historia sioux e dos asuntos nativos americanos."
Eastman tiña devanceiros Santee Dakota, ingleses e franceses. Despois de traballar como físico na reserva de Dacota do Sur, comezou e involucrarse cada vez máis na loita política pola defensa dos dereitos dos nativos americanos, traballando na mellora da xuventude e fundando a Young Men's Christian Association (YMCA). Tamén axudou a fundar os Boy Scouts of America. Está considerado o primeiro autor nativo americano en escribir a historia americana dende o punto de vista nativo americano.