Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de agosto de 1949 (75 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estados Unidos de América |
Ocupación | produtor de cinema, produtor |
Período de actividade | 1983 - |
Familia | |
Cónxuxe | Dawn Steel (1985–1997) |
Fillos | Rebecca Steel Roven |
Premios | |
| |
|
Charles Roven, nado nos Ánxeles o 2 de agosto de 1949,[1] é un produtor estadounidense de cinema.
Cofundador e presidente de Atlas Entertainment, é coñecido por producir filmes de superheroes como O cabaleiro escuro, Escuadrón Suicida, O home de aceiro ou Batman contra Superman: O amencer da xustiza.[2]
Estivo casado coa produtora Dawn Steel dende 1985 até a morte dela en 1997.[3] Tiveron unha filla, Rebecca, nada en marzo de 1987.[4] Roven posteriormente casou con Stephanie Haymes,[5] a filla dos artistas Dick Haymes e Fran Jeffries.[6]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Charles Roven |