Charnego

Charnego (do catalán xarnego, e este do castelán 'lucharniego'[1]) é un adxectivo despectivo[2] utilizado en Cataluña entre os anos 50 e 70 para referirse ás persoas inmigrantes[3] que viven no territorio catalán e que proceden, polo xeral, doutros territorios españois de fala non catalá.[4] Dentro de Cataluña o termo xeralmente non está aceptado aínda que algúns castelán-falantes úsano para referirse a si mesmos,[5][6][7] facendo que perda as súas connotacións insultantes. Neste sentido, co termo charnego sucedeu algo parecido a con outro termo orixinalmente pexorativo, polaco, usado en España para referirse a unha persoa de Cataluña, que pasou a estar aceptado.

Inmigración en Cataluña

[editar | editar a fonte]

Durante o século XVI produciuse en Cataluña unha forte inmigración francesa, sobre todo occitana e gascoa. A estes denominábaselles gavachos ou gavatxos. No País Valenciano tamén se usaba a denominación xarnego para referirse á mestura de valenciano con castelán, e así se denominaba aos murcianos, sendo un apelativo máis agarimoso que despectivo. Nos anos 1950 e 1960, cunha forte inmigración castelánfalante proveniente do resto de rexións españolas, estendeuse o seu uso para referirse de forma despectiva aos novos residentes. Francisco Candel describe a situación en Los otros catalanes (1964). Máis tarde el mesmo se autodefine como Un charnego en el senado (1979).

Reivindicación do termo

[editar | editar a fonte]

A palabra "charnego" sempre tivo un carácter despectivo, máis relacionado coa lingua que coa orixe xeográfica, e hoxe varias personalidades decláranse charnegas (de orixe non catalá ou ascendentes non cataláns) reivindicando unha situación de normalidade social. Actualmente, o insulto perde a súa carga pexorativa cando se emprega en castelán; con todo, algunhas persoas consideran o termo despectivo, racista e xenófobo. Úsase despectivamente para referirse ás persoas que viven en Cataluña e proceden doutras rexións (o cal normalmente é o seu uso común). Hai algúns anos chamábase catalán charnego ao nado en Cataluña fillo de pai ou nai non nado en Cataluña.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]