Chauna | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Chauna torquata | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||
Parra chavaria (Chauna chavaria) Linnaeus, 1766 | |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Chauna é un xénero de aves anseriformes, un dos dous integrados na familia dos anímidos.
Comprende dúas especies que habitan en zonas húmidas temperadas e cálidas de América do Sur.
O xénero Chauna foi descrito no ano 1811 polo zoólogo alemán Johann Karl Wilhelm Illiger.[1][2][3]
Sendo unhna especie monotípica no momento da súa descrición, a especie tipo é Parra chavaria (hoxe denominada Chauna chavaria), taxon que fora descrito por Linneo en 1766.[4]
O nome científico Cauyna deriva do grego antigo χαῦνος khaũnos, "esponxoso", "brando", en alusión á consistencia branda destas aves.[5]
Ademais de polo seu nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[1]
O xénero comprendce dúas especies:
Imaxe | Nome científico | Distribución |
---|---|---|
![]() |
Chauna torquata (Linnaeus, 1766) | Sueste do Perú, norte de Bolivia, Paraguai, sur do Brasil, Uruguai e norte da Arxentina |
Chauna chavaria Oken, 1816 | Norte de Colombia e Venezuela |
Son aves grandes e voluminosas, cunha pequena cabeza peluda, patas longas e pés grandes que só están parcialmente palmados. Teñen grandes esporóns nas súas ás, que usan en pelexas polas parellas e en disputas territoriais. Chauna torquata é en xeral bastante común e ás veces considérase unha praga, xa que ataca os cultivos e compite coas aves de granxa pola comida. Pola contra, Chauna chavaria, é relativamente rara e, polo tanto, considérase "case ameazada".
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chauna |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Chauna |