Chavez | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Nova York, ![]() |
Período | 1993 - presente |
Xénero(s) | math rock, post-hardcore |
Selo(s) discográfico(s) | Matador Records |
Membros | Matt Sweeney James Lo Clay Tarver Scott Marshall |
Artistas relacionados | Zwan, Bonnie "Prince" Billy, Early Man |
Na rede | |
http://www.matadorrecords.com/chavez/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Chavez é unha banda estadounidense de math rock formada en 1993 na cidade de Nova York. Tras un período de inactividade, o grupo reformouse no ano 2006.[1] Chavez publicou unicamente dous álbums a mediados dos anos 90 a través do selo Matador Records.[2]
Chavez formouse a partir das cinzas de Wider, e inspirouse no efoque dos pioneiros do math rock Slint e no grupo de post-punk Mission of Burma. Chavez utiliza riffs angulares e asimétricos, e dramáticos cambios de dinámica na súa música. A banda está liderada polo guitarrista Matt Sweeney, que anteriormente fora membro de Skunk e Wider, e tocara con Guided by Voices. O batería James Lo tamén procedía de Wider, e o grupo complétase co guitarrista Clay Tarver (Bullet Lavolta) e o baixista Scott Marshall.[3][4]
A banda gañou seguidores rapidamente na escena underground de Nova York[1][5] tras o lanzamento do seu primeiro sinxelo, "Repeat the Ending". O seu álbum de estrea, Gone Glimmering, publicouse en 1995 e foi seguido polo EP Pentagram Ring. O vídeo musical do tema "Break Up Your Band" emitiuse nun edpisodio da serie da MTV Beavis and Butt-head,[6] e a banda xirou con Guided by Voices e Bardo Pond. O segundo álbum de Chavez, Ride the Fader, publicouse en 1996 e foi loubado por Entertainment Weekly como "un bo espécime de post-metal hard rock sobrio e intelixente".[7]
Chavez nunca se separou oficialmente, pero non editou material novo e só realizou un feixe de concertos entre 1999 e 2006. Nese último ano Matador Records publicou Better Days Will Haunt You, un recompilatorio con todo o material de estudio da banda ata ese momento,[8][9] coa adición de novas voces para o tema "White Jeans". A banda realizou uns poucos con para promocionar o lanzamento, e posteriormente tocou con outros grupos como Pavement e Sonic Youth.[10]
En 2001, durante o período de inactividade de Chavez, o guitarrista Matt Sweeney uniuse ao líder de The Smashing Pumpkins Billy Corgan e ao guitarrista de Slint David Pajo para formar Zwan.[11] Sweeney xuntouse con Will Oldham (baixo o alcume de Bonnie 'Prince' Billy) para lanzar o álbum de 2005 Superwolf, [12]ademais de producir e tocar no primeiro álbum de Early Man con Matador, Closing In.[13] Sweeney tamén está involucrado na "anti-banda" de Nova York Soldiers of Fortune, que lanzou dous discos a través de Mexican Summer.[14] Clay Tarver dirixiu varios anuncios para televisión, escribiu o guión do filme Joy Ride, e posteriormente concerteuse no co-showrunner e produtor executivo da serie de televisión Silicon Valley.[15][16] Matt Sweeney tocou a guitarra no álbum de Johnny Cash American VI editado tras a súa morte en 2010, e tamén tocou no álbum e na xira Post Pop Depression, de Iggy Pop.[17]
A banda foi elixida para actuar no festival ATP I'll Be Your Mirror organizado por ATP e Portishead en setembro de 2011 en Asbury Park, Nova Jersey.[18]
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Gone Glimmering | 1995 | Matador Records |
Ride the Fader | 1996 | Matador Records |