Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de marzo de 1944 (80 anos) Shinchiku City, Taiwan sob domínio japonês (en) |
Member of the Legislative Yuan (en) | |
Datos persoais | |
Educación | California State Polytechnic University, Pomona (en) |
Altura | 172 cm |
Peso | 62 kg |
Actividade | |
Ocupación | atleta, política |
Partido político | Kuomintang |
Deporte | atletismo |
Disciplina deportiva | Salto de lonxitude |
Participou en | |
1970 | Jogos Asiáticos de 1970 (pt) |
1968 | Xogos Olímpicos de 1968 |
1966 | Jogos Asiáticos de 1966 (pt) |
1960 | Xogos Olímpicos de 1960 |
Premios | |
Descrito pola fonte | Biographical Dictionary of Chinese Women: The Twentieth Century Dictionary of Women Worldwide |
Chi Cheng (en chinés: 紀政), nada o 15 de marzo de 1944 en Hsinchu, Taiwán, é unha atleta taiwanesa. Foi medallista olímpica en 1968 e foi nomeada como Atleta do Ano de Associated Press en 1970. Foi unha antiga pentatleta reconvertida en velocista.
Chi estudou no California State Polytechnic University, Pomona (Cal Poly Pomona)[1] en Pomona, California, onde recibiu a maioría do seu adestramento en atletismo. Durante a súa época de estudante, gañou catro campionatos nacionais dos Estados Unidos, e durante un período de dous anos foi a gañadora de 153 das 154 competicións nas que participou. Representando a República da China, participou nos Xogos Olímpicos de 1960 e 1964, e posteriormente gañou a medalla de bronce na competición de 80 metros de obstáculos femininos nos Xogos Olímpicos de 1968, chegado a quedar sétima na final dos 100 metros lisos. En 1969, superou tres récords do mundo. En 1970, ela superou ou marcou cinco récords do mundo, conseguindo tres deles no decurso dunha semana. Foi a primeira muller en correr en 10,0 segundos as 100 iardas. Tamén conseguiu un récord do mundo con 11,0 segundos para os 100 metros, 22,4 segundos para os 200 metros, 22,6 segundos para as 220 iardas e 12,8 para os 100 metros obstáculos. Tamén gañou a medalla de ouro nos 100 metros nos Xogos Asiáticos celebrados en Bangkok. Mentres competía na proba de 400 metros nos Xogos Asiáticos sufriu unha grave lesión na perna que provocaría o remate da súa carreira deportiva. Clasficouse no número un do mundo para 100 metros e 200 metros, segunda nos 400 metros e terceira nos 100 metros valados en 1970 e estivo imbatible en 69 carreiras esa tempada. Polos seus logros, Chi Cheng foi nomeada Atleta do Ano de Associated Press. Ademais, converteuse en directora de Atletismo feminino na Universidade de Redlands, California, dende 1974 até 1976.
Chi obtivo a nacionalidade estadounidense, mais posteriormente regresou a Taiwán.[2] Foi nomeada Secretaria Xeral da Asociación de Atletismo da China Taipei en 1977. Posteriormente, foi presidenta até o ano 1993 e membro do Consello dende 1998 até 1999. Chi foi elixida como membro do Yuan Lexislativo durante tres períodos, servindo dende 1981 a 1989. Foi nomeada Conselleira de Política Nacional polo presidente Ma Ying-jeou en 2009, o cal fixo necesario que renunciase á cidadanía estadounidense para tomar posesión do cargo.[2] O sucesor de Ma, Tsai Ing-wen mantivo a Chi como conselleira.[3] No ano 2018, Chi declarou que os taiwaneses deberían decidir o nome polo cal os atletas taiwaneses competirán nos Xogos Olímpicos de 2020, así como en futuros eventos deportivos, xa que dende 1984 as delegacións taiwanesas enviadas ás Olimpíadas reciben o nome de China Taipei.[4][5]