O reactor foi ensamblado en novembro de 1942 por un equipo liderado por Fermi, Leo Szilard, Herbert L. Anderson, Walter Zinn, Martin D. Whitaker e George Weil. Contiña 45 000 bloques de grafito cun peso de 360 toneladas usados como moderadores de neutróns, utilizando 5.4 toneladas de metal de uranio e 45 toneladas de óxido de uranio como combustible. Parte dos neutróns libres producidos polo decaemento natural do uranio absorbíanse noutros átomos de uranio, provocando unha fisión nuclear deses átomos e liberando neutróns libres adicionais. A diferenza da maioría de reactores posteriores, non tiña protección contra a radiación ou sistema de refrixeración xa que operaba a unha potencia moi baixa, de ó redor de medio watt.
En 1943 o CP-1 trasladouse a Red Gate Woods e reconfigurouse converténdose no Chicago Pile-2 (CP-2). Alí operou ata 1954, ano no que foi desmantelado e soterrado. As bancadas de Stagg Field demoleronse en agosto de 1957, e o lugar quedou designado como Fito Histórico Nacional e Fito de Chicago.
Anderson, Herbert L. (1975). "Assisting Fermi". En Wilson, Jane. All In Our Time: The Reminiscences of Twelve Nuclear Pioneers. Chicago: Bulletin of the Atomic Scientists. pp. 66–104. OCLC1982052.
Bonolis, Luisa (2001). "Enrico Fermi's Scientific Work". En Bernardini, C.; Bonolis, Luisa. Enrico Fermi: His Work and Legacy. Bologna: Società Italiana di Fisica: Springer. pp. 314–394. ISBN88-7438-015-1. OCLC56686431.
Fermi, Enrico (1982). "Fermi's Own Story". The First Reactor(PDF). Oak Ridge, Tennessee: United States Atomic Energy Commission, Division of Technical Information. pp. 22–26. OCLC22115.
Salvetti, Carlo (2001). "The Birth of Nuclear Energy: Fermi's Pile". En Bernardini, C.; Bonolis, Luisa. Enrico Fermi: His Work and Legacy. Bologna: Società Italiana di Fisica: Springer. pp. 177–203. ISBN88-7438-015-1. OCLC56686431.