Chinatown, Liverpool

Porta de entrada ó barrio chinés de Liverpool.

O Chinatown de Liverpool, Inglaterra (chinés 利物浦 唐人街) pinyin:lì wù pŭ táng rén jiē) é un barrio situado na zona sur, preto da Catedral de Liverpool, e é o fogar da máis antiga comunidade chinesa de Europa.[1] O arco da entrada ó barrio, que ten varias portas, é tamén o meirande do seu tipo que existe fóra da China. O meirande arco cunha soa porta é o de Washington, D.C.[2] Segundo estimacións do estado do ano 2007, o 1,7% da poboación de Liverpool é chinesa (arredor de 7.400 persoas), converténdose no único gran grupo étnico non branco da cidade.[3] Pola contra, a Organización Internacional da Migración estimou que o número de chineses de Liverpool podería chegar a 25.000 ou 35.000 persoas.[4]

  1. "Liverpool Chinatown Museum". Dimsum. Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2008. Consultado o 21 de novembro de 2008. 
  2. "Arco chinés". Visit Liverpool. Consultado o 21 de novembro de 2008. 
  3. "Neighbourhood Statistics". Office of National Statistic. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 31 de xaneiro de 2011. 
  4. "China Mapping Exercise" (PDF). International Organization for Migration. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2012. Consultado o 20 de abril 2008. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]