Chirostenotes Rango fósil: 76,5 Ma Cretáceo superior | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Diagrama do esqueleto amosando os elementos coñecidos. | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especie | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
Macrophalangia canadensis Sternberg, 1932 |
Chirostenotes é un xénero de dinosauros oviraptorosauros que viviron no Cretáceo serodio (hai uns 76,5 millóns de anos) en Alberta, Canadá. A especie de tipo é Chirostenotes pergracilis.[1]
Chirostenotes ten unha confusa historia de descubrimento e nomeamento. Os primeiros fósiles de Chirostenotes, un par de mans, foron atopados en 1914 por George Fryer Sternberg preto de Little Sandhill Creek na Formación Dinosaur Park do Campaniano do Canadá, a cal achegou máis dinosauros que calquera outra formación canadense. Os espécimes foron estudados por Lawrence Morris Lambe quen, porén, morreu antes de ser quen de nomealo formalmente. En 1924, Charles Whitney Gilmore adoptou o nome que atopou nos apuntamentos de Lambe e describiu a especie tipo como Chirostenotes pergracilis. O nome xenérico deriva do grego cheir, "man", e stenotes, "estreitez". O nome específico quere dicir "en todo", per~, "gracil", gracilis, en latín. O holotipo é NMC 2367, o par de mans.[1] Outro fósil conectado con Chirostenotes é o espécime CMN 8776, unhas mandíbulas con dentes estraños que foron orixinalmente referidos por Gilmore como Chirostenotes pergracilis. Hoxe sábese que Chirostenotes era un oviraptosauro sen dentes, e as mandíbulas foron renomeadas como Richardoestesia e proceden dun dinosauro descoñecido, probablemente un Dromaeosauridae.[2]