Chocolate and Cheese | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Ween | ||||
Publicado | 27 de setembro de 1994 | |||
Gravación | 1994 | |||
Duración | 54:47 | |||
Xénero(s) | rock alternativo, rock experimental, pop psicodélico | |||
Selo(s) | Elektra Records | |||
Produtor | Andrew Weiss | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
http://www.ween.net | ||||
![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Chocolate and Cheese é o cuarto álbum de estudio da banda estadounidense Ween, editado o 27 de setembro de 1994 a través do selo Elektra Records. Foi o primeiro disco do grupo en ser gravado nun estudio profesional, en vez de nun catro pistas como nos seus traballos anteriores. Porén, a meirande parte dos instrumentos foron tocados por Dean e Gene Ween.
Nunha entrevista con Hank Shteamer durante a escritura do libro 33⅓ sobre Chocolate and Cheese, Dean Ween dico que a idea orixinal para a portada era "conseguir que un mariñeiro, coma un mariñeiro gai, de vermello, branco e azul levase o cinto",[1] pero o estudo rexeitou esta idea, pensando que era inadecuada.
Gene Ween afirma que foi el que tivo a idea da portada do álbum que acabou sendo feita, dicindo: "Tíñaa bosquexada... Lembro que lle dixen a Mickey como se cortaba a parte superior da [camisa] xusto debaixo da liña do pezón e por iso era moi importante ter os peitos grandes cunha 'parte inferior' grande". O director creativo de Reiner Design Consultants, Roger Gorman, afirmou que recibiron as instrucións para que parecese unha portada de álbum dos Ohio Players.[2]
A modelo da portada foi Ashley Savage, e a fotografía foi realizada por John Kuczala. A principios da década de 2000, a portada foi votada como "a portada do álbum máis sexy de todos os tempos" polos lectores de Playboy.com.[3]
Todos os temas compostos por Ween.
N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "Take Me Away" | 3:01 |
2. | "Spinal Meningitis (Got Me Down)" | 2:53 |
3. | "Freedom of '76" | 2:51 |
4. | "I Can't Put My Finger on It" | 2:48 |
5. | "A Tear for Eddie" | 4:50 |
6. | "Roses Are Free" | 4:35 |
7. | "Baby Bitch" | 3:04 |
8. | "Mister, Would You Please Help My Pony?" | 2:55 |
9. | "Drifter in the Dark" | 2:32 |
10. | "Voodoo Lady" | 3:48 |
11. | "Joppa Road" | 3:03 |
12. | "Candi" | 4:03 |
13. | "Buenas Tardes Amigo" | 7:07 |
14. | "The HIV Song" | 2:10 |
15. | "What Deaner Was Talkin' About" | 2:00 |
16. | "Don't Shit Where You Eat" | 3:20 |