Cholet Basket | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | Pro A |
Alcume | Le CB |
Fundación | 1975 |
Cores | Vermello, branco |
Presidente | Patrick Chiron |
Adestrador | Laurent Vila |
Seareiros | Les C’Bulls |
Localización | |
Cidade | Cholet, Francia |
Pavillón | La Meilleraie |
Capacidade | 5 191 |
Inauguración | 1987 |
Campionatos | |
Liga | 1 (2010) |
Copa | 2 (1998, 1999) |
cholet-basket.com |
O Cholet Basket é un club profesional de baloncesto francés con sede na cidade de Cholet, no País do Loira. Actualmente xoga na Ligue Nationale de Basket Pro A (LNB), a máxima categoría do baloncesto galo. No ano 2010 o club gañou o seu primeiro campionato de liga, o que supuxo o seu terceiro título importante tras gañar en 1998 e 1999 a Copa. O Cholet xoga os seus partidos como local en La Meilleraie, un pavillón con capacidade para 5 191 espectadores.
O baloncesto chega á cidade de Cholet en 1928 coa creación da sección de baloncesto do club deportivo Jeune France por Jean Leroux. Coa ambición de chegar á Nationale 1, máxima categoría do baloncesto francés, os dirixentes da sección de baloncesto deciden abandonar o Jeune France e fundar en 1975 o Cholet Basket baixo a presidencia de Michel Léger. O club consegue o seu obxectivo en tan só doce anos, debutando na primeira división na temporada 1987−88. O equipo consegue manterse na categoría e aos poucos comeza a finalizar normalmente entre os dez primeiros clasificados. En 1999 o club gaña o seu primeiro título, a Copa de Francia, conseguindo ademais clasificarse para xogar na Euroliga. Na máxima competición continental finalizou cun balance de tres vitorias e trece derrotas.
O club sempre destacou polo seu sistema de formación de novos xogadores. De feito, na temporada 2004−05, dos doce xogadores do equipo profesional, até dez viñan das categorías de formación do club. Algún exemplo destes xogadores son Antoine Rigaudeau, Jim Bilba ou Mickaël Gelabale. Na temporada 2008−09 o Cholet estivo a piques de gañar o seu primeiro título continental, mais perde na final do EuroChallenge (75–77) ante a Virtus Bologna.[1] Porén, a decepción durou pouco, xa que no ano 2010 o equipo consegue gañar o seu primeiro título de Liga após acabar no primeiro lugar da clasificación e vencer na final dos play-offs polo título ao Le Mans. Grazas ao título o equipo volve a xogar a Euroliga para a temporada 2010–11, aínda que caen eliminados na primeira rolda con catro vitorias e seis derrotas. Destaca a súa vitoria por 82−78 ao Fenerbahçe Ülker, nesa altura invictos na competición. Na competición doméstica o equipo volve a ocupar o primeiro posto na liga, mais non consegue gañar ao título ao perder na final dos play-offs ante o SLUC Nancy. Despois de perder nas semifinais na temporada seguinte, o Cholet deixa de ocupar os primeiros postos da liga, converténdose nun equipo da zona da clasificación.
Ano | Nivel | Liga | Pos. | Copa | Supercopa | Competicións europeas | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
2006–07 | 1 | Pro A | 7º | Campión | |||
2007–08 | 1 | Pro A | 8º | Subcampión | Campión | 3 FIBA EuroCup | FG |
2008–09 | 1 | Pro A | 9º | Rolda de 32 | 3 EuroChallenge | 2º | |
2009–10 | 1 | Pro A | 1º | Rolda de 64 | Cuartos de final | 2 Eurocup | LR |
2010–11 | 1 | Pro A | 2º | Rolda de 32 | Cuartos de final | 1 Euroliga | LR |
2011–12 | 1 | Pro A | 4º | Semifinais | Cuartos de final | 1 Euroliga | QR1 |
2 Eurocup | LR | ||||||
2012–13 | 1 | Pro A | 10º | Rolda de 32 | 2 Eurocup | LR | |
2013–14 | 1 | Pro A | 13º | Rolda de 32 | 3 EuroChallenge | L16 | |
2014–15 | 1 | Pro A | 14º | Rolda de 32 | |||
2015–16 | 1 | Pro A | 13º | Rolda de 64 | |||
2016–17 | 1 | Pro A | 11º | Rolda de 32 | |||
2017–18 | 1 | Pro A | 15º | Rolda de 32 | |||
2018–19 | 1 | Pro A | 15º | Rolda de 32 | |||
2019–20 | 1 | Pro A | 6º | Rolda de 16 | Cuartos de final | ||
2020–21 | 1 | Pro A | 14º | Oitavos de final | 3 Champions League | LR | |
2021–22 | 1 | Pro A | 8º | Rolda de 16 |
Supercopa de Francia