![]() (2013) ![]() | |
Nome orixinal | (ja) 滝川クリステル ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1 de outubro de 1977 ![]() París, Francia ![]() |
Educación | Aoyama Gakuin University (en) ![]() ![]() |
Altura | 160 cm ![]() |
Actividade | |
Ocupación | presentadora de novas, locutor ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Shinjirō Koizumi (2019–) ![]() |
Irmáns | Q108735678 ![]() |
Parentes | Yoko Meguro, curmá entregue ![]() |
Premios | |
| |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Christel Takigawa (en xaponés 滝川クリステル ), nada como Takigawa Lardux Christel Masami (滝川ラルドゥクリステル雅美) en París o 1 de outubro de 1977, é unha presentadora de televisión xaponesa.
Naceu en Francia de pai francés e nai xaponesa[1]. Cando tiña tres anos volveu ao Xapón coa súa familia para se establecer en Kōbe, a localidade natal de súa nai, volveu marchar a Francia con 12 anos de novo e alí permaneceu un ano para volver de novo a Kōbe. Estudou literatura francesa na Universidade Aoyama Gakuin[2]. No ano 2000, logo de se graduar, comezou a traballar para Kyodo Television, subsidiaria de Fuji Television, en diferentes programas informativos [3] e no servizo de continuidade. Dende 2002, e ata 2009, presentou News Japan de Fuji TV e entre 2007 e 2008 o informativo semanal dos domingos Shinhōdō Puremia A en Fuji News Network. Entre 2010 e 2013 presentou o informativo M. Sunday en Fuji TV. En 2013 foi a encargada de dar o discurso de invatición en Buenos Aires, en francés, diante do Comité Olímpico Internacional para a elección de Toquio como sede das Olimpiadas de 2020[4], a prensa eloxiou a súa disertación que se converteu nunha das pezas informativas máis relevantes do ano, e a palabra que elixiu para se referir á hospitalidade xaponesa, omotenashi, pasou a ser a palabra do ano no Xapón[5]. É cabaleiro da Orde Nacional do Mérito de Francia[6].