Chrysopa | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Chrysopa sp. | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
Ver texto | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Odontochrysa Yang & Yang, 1991 |
Chrysopa é un xénero de insectos neurópteros da familia Chrysopidae.
Os membros deste xénero e do xénero Chrysoperla son comúns en Europa, América do Norte e Asia. Comparten características similares e algunhas especies foron cambiadas dun xénero a outro e despois devoltas ao xénero anterior.[1] As súas larvas son predadoras e aliméntanse de áfidos, polo que membros deste xénero foron utilizados no control biolóxico de pragas.
O xénero describiuno inicialmente William Elford Leach en 1815 na Brewster's Edinburgh Encyclopædia.[2] Albert Koebele introduciu especies de Chrysopa en Nova Zelandia na década de 1890s, como método de combater os áfidos, pero ningunha especie de Chrysopa conseguiu establecerse alí.[3]
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Chrysopa |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chrysopa |
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |