Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de novembro de 1923 Long Beach, Estados Unidos de América |
Morte | 29 de abril de 2008 (84 anos) Newport Beach, Estados Unidos de América (pt) |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, piloto de automobilismo |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans | |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Chuck Daigh, nado en Long Beach (California) o 29 de novembro de 1923 e finado en Newport Beach o 29 de abril de 2008, foi un piloto de automóbiles estadounidense.
Participou nas carreiras de Gran Premio co equipo Scarab de Lance Reventlow, grazas a ser un dos enxeñeiros residentes. Participou en seis carreiras do Mundial de Fórmula 1, debutando o 29 de maio de 1960 e non logrou puntos de campionato. Tamén participou nunha carreira de Fórmula Un fora do campionato.
Logo da tempada de 1960, Chuck Daigh pasou a participar nas carreiras da liga de Fórmula Internacional en Europa, pilotndo un Scarab do ano anterior. Terminou oitavo en Goodwood disputando a Copa Lavant e terminou sétimo nun intento no Trofeo Internacional. Logo chocou no Trofeo do Imperio Británico en Silverstone.
Tamén foi un exitoso piloto de autos deportivos nos Estados Unidos, gañando o clásico de resistencia de Sebring e tamén intentou clasificarse dúas veces nas 500 Millas de Indianápolis, pero sen éxito. Tamén gañou o Gran Premio de Sports Cars dos Estados Unidos de 1958 en Riverside, California, pilotando un Scarab. Este evento considérase en gran medida o inicio das carreiras de automóbiles deportivos profesionais nos Estados Unidos.
Morreu no hospital logo dunha breve batalla con problemas cardíacos e respiratorios.
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | Pos. | Pts. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1959 | J.C. Agajanian | Kuzma Indy Roadster | Offenhauser L4 | MON | 500 NSC |
NED | FRA | GBR | ALE | POR | ITA | USA | NC | 0 | |
1960 | Reventlow Automobiles Inc. | Scarab F1 | Offenhauser 4 en liña | ARX NCG |
MON NSC |
500 | NED NTS |
BEL Ret |
FRA NTS |
USA 10 |
NC | 0 | |||
Cooper Car Company | Cooper T51 | Climax L4 | GBR Ret |
POR | ITA |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chuck Daigh |