Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Capital | Urasoe | |||
Xeografía | ||||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Creación | 1314 | |||
Disolución | 1429 (Gregoriano) | |||
Sucedido por | Reino de Ryukyu | |||
Chuzan (xaponés: 中山, Chūzan) era un dos tres reinos que exercían soberanía sobre o arquipélago de Okinawa, durante o século XIV, nunha época que ficou coñecida como Período Sanzan. Antes desta época, a rexión era controlada por varios pequenos xefes tribais que tomaron o poder despois dun feble control real central. Eventualmente, xurdiron as tres maiores potencias, que serían substituídas novamente por un poder central localizado exactamente en Chuzan. Trala reunificación, o novo estado pasou a se chamar Reino de Lequias, ou de Ryukyu, sendo, porén, referido como Chuzan en varios actos rexios.[1][2][3]
Tamagusuku, con dezanove anos de idade, sucedeu o seu pai, Eiji, como o rei de Okinawa, en 1314. Pero non tiña as mesmas características do seu antecesor, e non se lle tiña respecto a el nin ao seu liderado, o que levou os nobres locais a se rebelaren sucesivamente, uns detrás doutros nun breve período de tempo. O Señor de Ozato separouse ao Sur, levando consigo os seus seguires, e formou o Reino de Nanzan. Á súa vez, o Señor de Nakijin, na rexión localizada no Norte, tamén fixo igual e declarouse Rei de Hokuzan. Restou a Tamagusuku soamente a rexión central, en Urasoe, converténdose no Rei de Chuzan.[2]