Cianuro espumoso

Cianuro espumoso
Título orixinalSparkling Cyanide
Autor/aAgatha Christie
OrixeGBR
LinguaInglés (orixinal)
ColecciónBiblioteca Agatha Christie
Xénero(s)Novela policial
EditorialGalaxia
Data de pub.febreiro 1945
1 de febreiro de 2002 (galego)
Páxinas234
ISBNISBN 978-84-8288-479-0
editar datos en Wikidata ]

Sparkling Cyanide (Cianuro espumoso) é unha obra de ficción detectivesca da escritora británica Agatha Christie, publicada por primeira vez nos Estados Unidos por Dodd, Mead and Company en febreiro de 1945 baixo o título de Remembered Death[1] e en Reino Unido polo Collins Crime Club en decembro do mesmo ano baixo o título orixinal.[2] Foi editado en galego pola Editorial Galaxia en 2002.

A novela presenta ao personaxe recorrente do Coronel Race na súa última aparición para resolver as misteriosas mortes dun matrimonio, con exactamente un ano de diferenza. A trama desta novela amplía a trama dunha historia curta, Yellow Iris.

Resumo da trama

[editar | editar a fonte]

Un ano antes, o 2 de novembro, sete persoas sentáronse a cear no restaurante "Luxemburgo". Unha, Rosemary Barton, nunca se levantou. O forense decretou suicidio por mor da depresión post-gripe. Seis meses despois, o seu marido George recibe cartas anónimas dicindo que Rosemary foi asasinada. George investiga e decide repetir a cea no mesmo restaurante, cos mesmos convidados, ademais dunha actriz que parece que a súa defunta muller, a cal tiña que chegar tarde e sorprender cunha confesión. A actriz non chega e George morre na mesa, envelenado, como a súa muller, por cianuro no seu champaña. A súa morte puido considerarse como un suicidio, pero George compartira as súas preocupacións e algúns dos seus plans co seu amigo o Coronel Race.

Segundo o testamento do seu tío, se Rosemary morría sen fillos, a fortuna herdada pasaría á súa irmá máis nova Iris, agora unha moza rica. Se Iris morre solteira, o diñeiro pasaría ao seu único parente, a súa tía Lucilla Drake. A señora Drake é unha persoa decente pero ten un fillo, Victor que é un delincuente. Durante a investigación queda claro que a vítima pretendida era Iris. O coronel Race e o pretendente de Iris, Anthony Browne, decátanse de que Ruth Lessing, a secretaria de confianza de George, enamorárase de Victor un ano antes.

Morre a persoa equivocada por mor do bolso de noite de Iris e o brinde por ela, unha confusión que lle salva a vida. Despois do espectáculo, George propón un brinde por Iris, todos beben champaña agás ela. Cando o grupo se levanta da mesa para bailar, Iris deixa caer o bolso, un camareiro, ao recuperalo, pono no asento adxacente ao seu. Cando o grupo volve á mesa, Iris senta nun asento distinto debido a que se guía polo seu bolso. George senta no asento orixinal de Iris e bebe a champaña envelenada. Cando esta trama falla, Ruth tenta atropelar a Iris cun coche. O coronel Race, xunto coa policía e Anthony Browne, desvelan a verdade a tempo para salvar a Iris de Ruth. O seu último intento de matar a Iris é deixala inconsciente no seu cuarto, logo abrir o gas da cheminea e saír da casa. Anthony e o coronel Race rescatan a Iris no momento preciso.

Ruth enviou as cartas anónimas a George, ao que logo animou a volver a organizar a cea no Luxemburgo para que Víctor e Ruth puideran matar a Iris, como mataron a Rosemary. Para apoiar a versión do suicidio, Ruth puxera un paquete de cianuro no bolso de Iris, que caeu ao chan sen tocalo cando sacou o seu pano. Víctor fixo de camareiro, para botar o veleno na champaña durante o baile. Foi trasladado a Nova York a petición da policía.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Rosemary Barton: esposa de George Barton, que herdou a riqueza dun tío. Asasinada un ano antes desta historia.
  • George Barton: Marido de Rosemary, que organiza unha cea un ano despois da morte da súa muller e morre na cea do aniversario.
  • Coronel Race: investigador e amigo de George Barton.
  • Iris Marle: irmá de Rosemary, agora rica, e pretendida vítima dun segundo intento de envelenamento na cea.
  • Anthony Browne: mozo de Iris, que traballa para resolver os moitos intentos de matala.
  • Lucilla Drake: tía de Rosemary e Iris, que herda se Iris morre antes de casar ou cumprir 21 anos.
  • Victor Drake: Fillo de Lucilla Drake, un home con ganas de gañar cartos sen traballar.
  • Ruth Lessing: secretaria de George que se namora de Victor e planea os asasinatos para quedar coa fortuna da herdanza matando a todos os da lista antes de Victor. Téñase en conta que Christie utilizou un xogo de palabras para esta desapiadada conspiradora (ruthless significa, desapiadada).

Desenvolvemento e comparación de contos e novelas

[editar | editar a fonte]

A trama desta novela é a expansión dun relato curto de Hércules Poirot titulado "Yellow Iris", que xa fora publicado no número 559 da revista Strand Magazine en xullo de 1937 e no libro "Problema en Pollensa e outros historias" nos Estados Unidos en 1939. Publicouse en forma de libro no Reino Unido como "Problem at Pollensa Bay en 1991.

A novela de longa duración ten ao Coronel Race como o personaxe investigador central no lugar de Poirot, que tivo ese papel na historia curta. A novela utiliza os conceptos básicos do relato curto, incluído o método do envelenamento, pero cambia a identidade dos culpables, non por primeira vez, cando Christie reescribiu a súa propia obra.

  1. The Golden Years 1945 - 1952 (ed.). "American Tribute to Agatha Christie". Consultado o 7 de xuño de 2015. 
  2. Chris Peers, Ralph Spurrier e Jamie Sturgeon (marzo de 1999). Dragonby Press, ed. Collins Crime Club - A checklist of First Editions (segunda ed.). p. 15. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]