O Ciclón extratropical Xynthia é un ciclón que formou na latitude das Illas Canarias. Acadou proporcións semellantes a un furacán de forza 2-3 (ventos de até 180 km/h) segundo a escala de Saffir-Simpson cando chegou ás costas galegas o 27 de febreiro de 2010.[1] Malia perder a característica tropical, o ciclón Xynthia experimentou un proceso de cicloxénese explosiva ó seu paso polo Arquipélago de Madeira no seu avance cara ó leste reducindo drasticamente a presión do sistema. As previsións que se fixeron no seu momento para o Ciclón extratropical Klaus de xaneiro de 2009, referente máis inmediato, alertaban de ventos de até 154 km/h.
En total máis 51 persoas perderon a vida.
En Galicia, a Xunta activou un dispositivo de máis de 2 000 persoas.[2] Suspendéronse todas as actividades no aire libre para a fin de semana e pedíuselle á poboación que ficase na casa e deixase libres as liñas telefónicas. Habilitáronse liñas de comunicación exclusivas para os servizos de emerxencia.[3]
A treboada causou a morte dunha muller de 82 anos en Ourense, por mor da caída dun valado. En Guipúscoa caeu un guindastre sobre un edificio de vivendas e máis un frontón, causando só danos materiais. En León, unha muller de 75 anos resultou ferida nunha perna, por mor do afundimento parcial dunha casa baixa.[4]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ciclón extratropical Xynthia |