Ciudad Deportiva del Villarreal | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 39°56′26″N 0°06′54″O / 39.94046, -0.11501 |
Localización | Vila-real, Castelló, España |
Construción | |
Inauguración | 2002 |
Estadio | |
Superficie | 70.000 m² |
Capacidade | 5000 |
Propietario | Concello de Vila-real |
Localía | Villarreal B |
Web | http://www.villarrealcf.es/en/facilities/sports-city |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Cidade Deportiva do Villarreal é a cidade onde adestra o primeiro equipo do Villarreal CF e tamén os de categorías inferiores do club. É un dos complexos deportivos máis importantes de Europa.
Conta con nove campos de fútbol, algúns de céspede artificial e cunha extensión de 70.000 metros cadrados. A cidade deportiva dispón ademais dunha residencia para as novas promesas da canteira que veñen de calquera parte do mundo, pero sobre todo dos arredores e comarcas próximas.
É tamén un lugar onde se organizan moitos torneos ao longo do ano, AMN torneos locais, provinciais, universitarios, veteranos e, sobre todo, de fútbol escolar.
A cidade deportiva dispón de tres campos de fútbol de céspede natural, con iluminación. Nun deles, realiza a diario os adestramentos o primeiro equipo. Os outros dous o filial, un para exercitarse cada día e o outro para disputar os seus encontros. Este último utilízao o Villarreal B e conta con preto de 5.000 espectadores.
A cidade, ademais de todo isto, dispón de dous campos de fútbol-11, un de céspede artificial de 90x60 metros, con iluminación e que ten a posibilidade de converterse en dúas de fútbol-7. O outro tamén de céspede artificial de 100x65 metros e tres de fútbol-7, todos eles de céspede artificial, de 60 x 35 metros, e todos eles iluminados.
Estes oito campos de fútbol, contan, ademais, dun edificio formado por vinte vestiarios, catro para o fútbol-11, doce para o fútbol-7 e catro para os árbitros.
Estas instalacións tamén contan cun campo de fútbol-5 de céspede artificial e unha gaiola de fútbol-3 para os máis pequenos.