A cinematografía dixital é o proceso de captura (gravación) dos filmes como imaxes de vídeo dixitais no canto de cadros de filmes analóxicos. A captura dixital pode ocorrer en cintas de vídeo, discos ríxidos, memoria flash ou outros medios de comunicación que poden gravar datos dixitais a través da utilización dunha cámara de vídeo dixital. Como a tecnoloxía dixital ten mellorado nos últimos anos, esta práctica volveuse dominante. Dende mediados dos anos de 2010, a maior parte dos filmes en todo o mundo son rodados e distribuídos dixitalmente, malia o feito de que isto levou a unha redución significativa na resolución aproximada, e, polo tanto, na calidade da imaxe.[1][2][3]
Moitos provedores lanzaron os seus produtos ó mercado, incluíndo os provedores tradicionais de cámaras de filmes como Arri Alexa e Panavision, así como RED, Blackmagic, Silicon Imaging, Vision Research e as empresas que tradicionalmente son focadas en equipamentos de consumo e de transmisión de vídeo, como Sony, GoPro e Panasonic.
A desvantaxe máis notábel dos datos visuais ó seren gravados e almacenados como datos binarios (isto é dixitalmente), é a redución da calidade da imaxe polo feito de que os límites de resolución da maioría, se non todas as cámaras de imaxe vídeo dixital, raramente excedem máis do que 16 megapixels (16.000.000 px); mentres que as células de filmes con formato medio son quen de atinxir o equivalente a 400 megapixels (400.000.000 px) e alén. A principal motivación por tras da cinematografia dixital é a facilidade de uso e almacenamento compacto. Moitos dos que interesados en replicar os certos detalles e texturas da realidade prefiren usar os formatos de imaxe analóxica para alcanzar os resultados desexados.[4]