Cinta | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Himanthalia elongata' Linneo, S.F. Gray |
A cinta (Himanthalia elongata) é unha alga parda comestible orixinaria do océano Atlántico, tamén coñecida como correa ou correola e comercializada para o seu consumo como alimento humano, co nome de espaguetes de mar.
Ten formas estreitas e alongadas, e cor entre castaña e verde oliveira. Medra a partir dun botón cóncavo fixo nas rochas, do que sae o talo en forma de cinta de até 3 m de lonxitude que se divide dicotomicamente.
Ás veces aparece recuberta por unha especie de veludo denso, de cor parda escura, debido á alga Herponema velutinum.
É frecuente velas desprendidas e botadas polas ondas nas praias, formando argazos.
É moi versátil como alimento, pola súa riqueza nutritiva, a súa textura carnosa e sabor suave ao padal.
En Escocia e Irlanda é usada xunto con outras para facer pan de algas.
É agradable e fácil de usar na cociña como ingrediente en arroces, pastas e até é usada en aperitivos fritidos que lembran polo seu sabor as lulas e os chocos
A cinta destaca especialmente pola súa riqueza en ferro, máis que o lévedo de cervexa e até nove veces máis que as lentellas. E proporciona ao mesmo tempo a vitamina C necesaria para a súa asimilación.
Tamén achega unha boa cantidade do resto de minerais, destacando o potasio e o fósforo.
Valores nutricionais típicos da cinta (cantidades cada 100 g) [1]
Destaca o seu baixo contido en graxas, sendo ademais principalmente insaturadas, con ácidos graxos esenciais como o omega 3 e omega 6 que axudan á diminución do nivel de colesterol.