Cipactli

Cipactli, imaxe baseada no Códice Magliabecchiano.

Na mitoloxía azteca, Cipactli era unha voraz, primitiva e monstruosa criatura mariña, metade crocodilo e metade peixe. Estaba sempre famenta e en cada xunta que unía os seus dezaoito corpos había unha boca adornándoa.

Tezcatlipoca sacrificou un pé ao utilizalo como cebo para atraelo.

O seu nome tamén é o do primeiro día azteca do calenadrio sacro azteca, o Tonalpohualli.

Creación do mundo

[editar | editar a fonte]

Co corpo de Cipactli os deuses crearon a Terra. Así cando se viron na necesidade de dar forma ao mundo, un espazo, un chan, decidiuse que Cipatli se partiría pola metade: unha metade sobre a outra, obtendo ceo e terra. O problema é que non había lugar para o home, entón con dúas árbores erixíron entre medias un espazo que separaba as dúas metades. Así entre nove corpos por arriba ("os nove que están sobre nós" (chicnauhtopa), e outros nove abaixo, "os nove mundos dos mortos" (chicnauhmictlan) a mitoloxía situaba a vida do home.

Outra cuestión foi a creación do tempo da que se encargaron os esposos Oxmócoc e Cipactónal, así co consello de Quetzalcóatl crearon o calendario azteca que en honra da criatura constaba de 18 "meses" de vinte días (360 días en total), o primeiro deles co seu nome e dedicado a ela.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Compárese a Tiamat na mitoloxía mesopotámica, Fenrir na mitoloxía nórdica, e tamén Sedna na Mitoloxía inuit.