TT Circuíto de Assen | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
Datos | |
Carreiras | MotoGP, SBK |
Localización | Assen, Países Baixos |
Lonxitude | 4,750 km |
Curvas | 21 |
Volta rápida (2007) | 1:18.765 |
Piloto récord | Sébastien Bourdais (Champ Car) |
O TT Circuíto de Assen é un autódromo situado na localidade de Assen nos Países Baixos. Inaugurouse no ano 1995 e foi deseñado para albergar o Gran Premio de Motociclismo dos Países Baixos do Campionato do Mundo de Motociclismo que antes se disputaba nun circuíto semipermanente preto deste. O Circuíto de Assen está considerado "A catedral do motociclismo". Dende 1992, Assen tamén alberga carreiras do Campionato do mundo de Superbikes.
Orixinalmente, o circuíto tiña unha lonxitude de 7.705 m, pero no ano 1984 acurtouse a 6.134 metros. Tras varios reasfaltados e redeseños de curvas o trazado quedou con 5'997 quilómetros de longo en 2005. No ano 2006, o circuíto reduciuse a 4.750 metros por última vez. O autódromo ten unha capacidade de 100.000 persoas, das cales 60.000 poden estar sentadas.