Citharichthys é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos paralictíidos.[1]
Apareceron no rexistro fósil no mioceno tardío.[2]
O nome científico Citharichthys está formadoormado pola unión dos termos do grego antigo κιθάρα kithára, que significa "cítara", e ἰχθύς ichthýs, "peixe". Literlamente: "os peixes con forma de cítara".
Son peixes planos sinistros, é dicir, que teñen ambos os ollos no lado esquerdo da cabeza. Son demersais, e a maioría das especies son mariñas, que habitan a profundidades relativamente baixas, pero o xénero tamén inclúe especies que se encontran en augas profundas (até polo menos os 2.000 m), e outras que entran en cursos de auga doce.[3]
A maior das especies do xénero é Citharichthys sordidus, do Pacífico, de cor parda clara salferido con manchas máis escuras, mesmo negras, e ás veces amarelas ou alaranxadas, que pode alcanzar os 41 cm de lonxitude.[3]
As especies deste xénero son propias dos océanos que bañan as cosatas das Américas, cunha soa especie, C. stampflii, o rapapelos liso,[4] que vive na costa occidental africana.[3]
O xénero foi fundado en 1862 polo ictiólogo neerlandés Pieter Bleeker.[1]
Na actuadlidade, no xénero recoñécense as seguintes 24 especies:[1][3]
- Citharichthys abbotti C. E. Dawson, 1969
- Citharichthys amblybregmatus Gutherz & Blackman, 1970
- Citharichthys arctifrons Goode, 1880
- Citharichthys arenaceus Evermann & M. C. Marsh, 1900
- Citharichthys cornutus (Günther, 1880)
- Citharichthys darwini Victor & Wellington, 2013
- Citharichthys dinoceros Goode & T. H. Bean, 1886
- Citharichthys fragilis C. H. Gilbert, 1890
- Citharichthys gilberti O. P. Jenkins & Evermann, 1889
- Citharichthys gnathus Hoshino & Amaoka, 1999
- Citharichthys gordae Beebe & Tee-Van, 1938
- Citharichthys gymnorhinus Gutherz & Blackman, 1970
- Citharichthys macrops Dresel, 1885
- Citharichthys mariajorisae van der Heiden & Mussot-Pérez, 1995
- Citharichthys minutus Cervigón, 1982
- Citharichthys platophrys C. H. Gilbert, 1891
- Citharichthys sordidus (Girard, 1854)
- Citharichthys spilopterus Günther, 1862
- Citharichthys stampflii (Steindachner, 1894)
- Citharichthys stigmaeus D. S. Jordan & C. H. Gilbert, 1882
- Citharichthys surinamensis (Bloch & J. G. Schneider, 1801)
- Citharichthys uhleri D. S. Jorda], 1889
- Citharichthys valdezi Cervigón, 1986
- Citharichthys xanthostigma C. H. Gilbert, 1890
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Citharichthys Bleeker, 1862 no WoRMS.
- ↑ Sepkoski, Jack (2002). "A compendium of fossil marine animal genera". Bulletins of American Paleontology 364: p.560. Arquivado dende o orixinal o 23-07-2011. Consultado o 10-06-2015.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Froese, Rainer and Daniel Pauly, eds. (2012): Especies de Citharichthys en FishBase.
- ↑ Lahuerta e Vázqueez (2000), p. 79.
- Aldebert, Y.; M. Desoutter and J.-C. Quéro (1990): "Bothidae". En J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post and L. Saldanha (eds.): Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). JNICT, Lisboa; SEI, París; e UNESCO, París. Vol. 2.
- Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
- Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5.
- Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8,
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.