![]() | |
Citocromo b5 de rata unido ao hemo | |
Citocromo b5
| |
Identificadores | |
Símbolo | CYB5A |
Símbolos alt. | CYB5 |
Entrez | 1528 |
HUGO | 2570 |
OMIM | |
PDB | 1JEX |
RefSeq | NM_001914 |
UniProt | P00167 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 18 q23 |
Citocromo b5 | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Identificadores | |||||||||||
Símbolo | Cyt_B5 | ||||||||||
Pfam | PF00173 | ||||||||||
InterPro | IPR001199 | ||||||||||
PROSITE | PDOC00170 | ||||||||||
|
Os citocromos b5 son hemoproteínas transportadoras de electróns moi ubicuas, que se encontran en animais, plantas, fungos e bacterias fotosintéticas púrpuras. As variantes microsómicas e mitocondriais están unidas a membrana, mentres que as de bacterias, eritrocitos e outros tecidos son hidrosolubles. A familia das proteínas similares ao citocromo b5 comprende (ademais dos propios citocromos b5) dominios de hemoproteínas asociados covalentemente con outros dominios redox no flavocitocromo citocromo b2 (L-lactato deshidroxenase (EC 1.1.2.3), sulfito oxidase (EC 1.8.3.1 1.8.3.1), nitrato redutases de plantas e fungos (EC 1.7.1.1, EC 1.7.1.2, EC 1.7.1.3), e as proteínas de fusión de plantas e fungos citocromo b5/acil lípido desaturase.
Coñécense as estruturas tridimensionais de varios citocromos b5 e do flavocitocromo b2 de lévedos. O pregamento pertence ao tipo α+β, con dous núcleos hidrofóbicos en cada lado da folla β. O núcleo hidrofóbico máis grande constitúe o peto para a unión do hemo, pechado en cada lado por un par de hélices conectadas por un xiro. O núcleo hidrofóbico máis pequeno pode ter só un papel estrutural e está formado por segmentos N-terminais e C-terminais próximos espacialmente. Dous residuos de histidina proporcionan o quinto e o sexto ligandos do hemo, e o bordo propionato do grupo hemo sitúase na abertura da fenda onde está o hemo. Hai dous isómeros do citocromo b5, denominados formas A (maior) e B (menor), que difiren por unha rotación de 180° do hemo arredor dun eixe definido polos carbonos α- e γ-meso.
EC 1.6.2.2 citocromo-b5 redutase
EC 1.10.2.1 L-ascorbato—citocromo-b5 redutase
EC 1.14.18.2 CMP-N-acetilneuraminato monooxixenase
EC 1.14.19.1 estearoíl-CoA 9-desaturase
EC 1.14.19.3 linoleoíl-CoA 9-desaturase