City of Evil | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Avenged Sevenfold | ||||
Publicado | 6 de xuño de 2005 | |||
Gravación | Abril de 2005 | |||
Duración | 72:48 | |||
Xénero(s) | Hard Rock, Metal | |||
Selo(s) | Warner Bros. Records | |||
Produtor | Andrew Murdock e Avenged Sevenfold | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
City of Evil é o terceiro álbum de estudio da banda americana Avenged Sevenfold. Caracterízase por ser o primeiro deles feito cunha grande discográfica, Warner Bros. Records.
Foi publicado o 7 de xuño de 2005. Neste álbum a banda afástase do estilo metalcore dos álbums anteriores, adoptando un estilo hard rock e heavy metal, máis característico de bandas, como por exemplo Guns N' Roses, favoritas dos integrantes. Meses antes da gravación do álbum, o cantante M. Shadows, estivo a mellorar a súa voz co adestrador vocal Ron Anderson (famoso por traballar con Axl Rose de Guns N' Roses ou Chris Cornell de Soundgarden entre outros). Despois da saída do álbum, espallouse o rumor de que a razón pola que M. Shadows deixara de berrar, fora pola operación á que tivera que someterse tralo "Warped Tour 2003", mais o produtor Andrew Murdock desmentiuno dicindo que cando coñecera a banda en Sounding the Seventh Trumpet, M. Shadows díxolle que querían un álbum con berros, o seguinte metade berros-metade cantando e despois dese un completamente cantado, que xa non quería berrar máis.
Tódalas cancións foron escritas por Avenged Sevenfold. Destaca a colaboración de Brian Haner, Sr. (pai de Synyster Gates e tamén coñecido por Papa Gates ou Guitar Guy) no solo de guitarra acústica da canción "Sidewinder".
O 4 de maio de 2005 publícase un vídeo promocional da canción "Burn It Down" feito do mesmo xeito que o da canción "Unholy Confessions" do álbum Waking the Fallen, con imaxes dunha actuación da banda pero o son é dobrado. O 28 de xullo de 2005 publican o seu primeiro vídeo profesional para a canción "Bat Country", dirixido por Marc Klasfeld. O 6 de xaneiro de 2006 publican un vídeo para a canción "Beast and the Harlot", dirixido por Tony Petrossian. E por último o 6 de xuño de 2006 publican o vídeo da canción "Seize the Day", dirixido por Wayne Isham.