Classe Operaia | |
---|---|
Fundación | 1967 |
Remata | 1964 |
Fundador | Alberto Asor Rosa |
Colaboradores | Toni Negri |
Tendencia | Anticapitalismo Comunismo Obreirismo |
Lingua | Lingua italiana |
Ámbito | Italia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Classe Operaia (en galego, Clase Obreira) foi unha revista da esquerda extraparlamentaria italiana fundada en 1964 e activa até 1967. Subtitulábase "mensual político dos traballadores en loita". Os seus fundadores foron varios excolaboradores da revista Quaderni Rossi, da mesma orientación política,[1][2] entre eles Mario Tronti e Alberto Asor Rosa. Nesta revista tamén comezaron a escribir novos autores como Toni Negri[3] e Gaspare De Caro.
O primeiro número de Classe Operaia saíu en xaneiro de 1964.[1] De 1964 a 1966 os editores da revista foron Asor Rosa e Mario Tronti.[2]
A audiencia principal que buscaba Classe Operaia eran os traballadores industriais, o que a distinguía doutros proxectos do momento, de carácter máis académico.[3] A revista era de orientación obreirista, unha liña de pensamento marxista antiautoritaria e antiburocrática desenvolvida en Italia nos anos 60.[4]
Nun dos primeiros editoriais da revista titulado "Lenin in Inghilterra" (galego: "Lenin en Inglaterra"), asinado por Mario Tronti declarábase a necesidade de mudar a tradición marxista que incluía a modificación da perspectiva dominante do período[3][5] e se afirmaba que tal cambio estaba relacionado, en primeiro lugar, coa clase obreira e as súas loitas e co capital e o seu desenvolvemento.[1]
O derradeiro número da revista apareceu en marzo de 1967.[1]