Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (en) William Clay Matthews 14 de maio de 1986 (38 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade do Sur de California (2004–2009) Agoura High School (en) (2000–2004) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1.930 mm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 260 lb | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | xogador de fútbol americano | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | Fútbol americano | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Linebacker | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pai | Clay Matthews Jr. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Casey Matthews | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Parentes | H. L. Matthews, bisavó paterno Bruce Matthews, tío Kevin Matthews, curmán entregue Jake Matthews, curmán entregue | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Páxina web | claymatthews52.com | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
William Clay Matthews III, nado o 14 de maio de 1986 nos Ánxeles (California), é un xogador estadounidense de fútbol americano profesional que xoga como outside linebacker para Los Angeles Rams da National Football League (NFL). Despois de ir ao Instituto Agoura en Agoura Hills (ao noroeste dos Ánxeles), Matthews acudiu á Universidade do Sur de California (USC), onde xogou ao fútbol americano sen bolsa deportiva cos USC Trojans de Pete Carroll. Na USC, foi un destacado membro dos equipos especiais, gañando durante tres anos consecutivos o premio so Xogador do Ano dos equipos especiais (2006−2008); tamén xogou de outside linebacker suplente. Nesas posicións foi membro do equipo tres veces campión do Pac-10 Championship.
Matthews foi considerado como un dos xogadores con mellor expectativa no Draft da NFL de 2009. Finalmente, foi seleccionado polos Green Bay Packers na primeira rolda (26º lugar), despois de que o equipo negociase para obter unha elección máis alta. No seu ano como novato, Matthews fixo un rexistro de 10 sacks mentres xogaba como outside linebacker. No ano 2010 superou a súa marca chgando aos 13,5 e axudando aos Packers a gañar a Super Bowl XLV ante os Pittsburgh Steelers. Tras o título, Matthews continuou co seu rol como líder no "pass rush", e facendo como mínimo 6 sacks por temporada. Nas temporadas 2014 e 2015 amosou a súa capacidade atlética xogando tanto como inside e outside linebacker.