Cloranfenicol acetiltransferase | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Identificadores | |||||||||||
Símbolo | CAT | ||||||||||
Pfam | PF00302 | ||||||||||
InterPro | IPR001707 | ||||||||||
PROSITE | PDOC00093 | ||||||||||
SCOPe | 3cla / SUPFAM | ||||||||||
|
Cloranfenicol acetiltransferase | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Identificadores | |||||||||
Número EC | 2.3.1.28 | ||||||||
Número CAS | 9040-07-7 | ||||||||
Bases de datos | |||||||||
IntEnz | vista de IntEnz | ||||||||
BRENDA | entrada de BRENDA | ||||||||
ExPASy | vista de NiceZyme | ||||||||
KEGG | entrada de KEGG | ||||||||
MetaCyc | vía metabólica | ||||||||
PRIAM | perfil | ||||||||
Estruturas PDB | RCSB PDB PDBe PDBj PDBsum | ||||||||
Gene Ontology | AmiGO / EGO | ||||||||
|
A cloranfenicol acetiltransferase (ou CAT) é un encima bacteriano (EC 2.3.1.28)[1] que detoxifica o antibiótico cloranfenicol e é responsable da resistencia ao cloranfenicol en bacterias.[2] Este encima une covalentemente un grupo acetilo procedente do acetil-CoA ao cloranfenicol, o cal impide que o cloranfenicol se una aos ribosomas. Un residuo de histidina, localizado na sección C-terminal do encima, xoga un papel central no seu mecanismo catalítico.
Determinouse a estrutura cristalina do encima tipo III de Escherichia coli co cloranfenicol unido. A CAT é un trímero de subunidades idénticas (monómero Mr 25.000) e a estrutura trímera está estabilizada por varias pontes de hidróxeno, algunhas das cales orixínan a extensión dunha folla beta na interface das subunidades. O cloranfenicol únese nun peto profundo localizado no límite entre as subunidades adxacentes do trímero, para que a maioría dos residuos que forman o peto de unión pertenzan a unha subunidade, mentres que a histidina cataliticamente esencial pertence á subunidade adxacente. A His195 está situada apropiadamente para actuar como catalizador básico xeral na reacción, e a estabilización tautomérica necesaria proporciónaa unha interacción pouco común cun oxíxeno do carbonilo da cadea principal.[3]
A CAT utilízase como sistema reporteiro para medir o nivel dun promotor ou da súa expresión específica de tecido en experimentos de ADN recombinante. O ensaio da CAT supón monitorizar a acetilación de cloranfenicol etiquetado radioactivamente na placa TLC; a actividade da CAT determínase buscando a forma acetilada do cloranfenicol, a cal ten unha velocidade de migración significativamente maior comparada coa forma non acetilada.[4]
Este artigo incorpora textos en dominio público procedentes de Pfam e InterPro IPR001707