Ten unha cor verde-azulada e é un pigmento accesorio, que é especialmente importante na absorción de luz na rexión dos 447-452 nm.[3] Igual que as clorofilas a e b, axuda ao organismo a captar a luz e pasa cuantos de enerxía de excitación a través das antenas captadoras de luz dos fotosistemas ata o centro de reacción fotosintético. A clorofila c ten características pouco comúns porque ten unha estrutura cun anel de porfirina e carece da cola isoprenoide ou do anel D reducido, que son características típicas doutras clorofilas máis comúns de algas e plantas.[2]
A clorofila c pode aparecer en varias formas chamadas clorofilas c1, c2[3] e c3,[4] ademais de polo menos outros 8 subtipos atopados recentemente.[5]
A clorofilac1 é unha forma común de clorofila c, que se diferencia da clorofila c2 no seu grupo C8, ao ter alí un grupo etilo en vez dun grupo vinilo (un enlace simple C-C en vez dun dobre enlace C=C).
O seu máximo de absorción está arredor de 444, 577, 626 nm en dietil éter e de 447, 579, 629 nm en acetona.[6]
A clorofilac2 é a forma máis común de clorofila c.[7]
O seu máximo de absorción está arredor de 447, 580, 627 nm en dietil éter e de 450, 581, 629 nm e acetona.[6]
A clorofilac3 é unha forma de clorofila c que se atopou na microalga Emiliania huxleyi, identificada en 1989.[4]
O seu máximo de absorción está arredor de 452, 585, 625 nm en dietil éter e de 452, 585, 627 nm en acetona.[6]
↑ 3,03,13,2Dougherty, Ralph C.; Strain, H. H.; Svee, W. A.; Uphaus, R. A.; Katz, J. J. (May 1970). "The Structure, Properties, and Distribution of Chlorophyll c". J. Am. Chem. Soc.92 (9): 2826–2833. doi:10.1021/ja00712a037.
↑Zapata, Manuel; Garrido, José L.; Jeffrey, Shirley W. (2006). "Chlorophyll c Pigments: Current Status". Chlorophylls and Bacteriochlorophylls: Advances in Photosynthesis and Respiration25: 39–53. doi:10.1007/1-4020-4516-6_3.
↑Jeffrey, S. W. (28 June 2014). "The Occurrence of Chlorophyll c1 and c2 in Algae". Journal of Phycology12 (3): 349–354. doi:10.1111/j.1529-8817.1976.tb02855.x.