Clostridium acetobutylicum

Clostridium acetobutylicum
Clasificación científica
Reino: Bacteria
División: Firmicutes
Clase: Clostridia
Orde: Clostridiales
Familia: Clostridiaceae
Xénero: Clostridium
Especie: C. acetobutylicum
Chaim Weizmann

Clostridium acetobutylicum, ATCC 824, é unha bacteria dispoñible comercialmente, ás veces chamada "organismo de Weizmann", polo nome do xudeu nacido en Rusia Chaim Weizmann. Cando era profesor na Universidade de Manchester, Inglaterra utilizou este organismo en 1916 como ferramenta bioquímica para producir ao mesmo tempo, conxuntamente, acetona, etanol e butanol a partir de amidón. O método foi descrito desde entón como o proceso ABE (proceso de fermentación Acetona Butanol Etanol), que rende 3 partes de acetona, 6 de butanol e 1 de etanol. A acetona foi utilizada na importante tarefa en tempos de guerra de producir cordita. Os alcohois foron utilizados para producir combustibles para vehículos e caucho sintético.

A diferenza dos lévedos, que só poden dixerir azucre dando etanol e dióxido de carbono, C. acetobutylicum e outros Clostridia poden dixerir soro lácteo, azucre, amidón, celulosa e quizais certos tipos de lignina, rendendo butanol, ácido propiónico, éter e glicerina.

En enxeñaría xenética

[editar | editar a fonte]

En 2008, unha cepa de Escherichia coli foi sometida a enxeñaría xenética para que sintetizase butanol, e os xenes que se utilizaron procedían de Clostridium acetobutylicum.[1][2] En 2013, informouse da primeira produción microbiana de alcanos de cadea curta,[3] o cal foi un importante paso adiante para a produción de gasolina. Un dos enzimas cruciais, unha acilo graxo-CoA redutase, procedía de Clostridium acetobutylicum.

  1. M. Goho, Alexandra (2008-01-16). "Better Bugs for Making Butanol". MIT Technology Review. 
  2. Atsumi, S.; Hanai, T.; Liao, JC. (Jan 2008). "Non-fermentative pathways for synthesis of branched-chain higher alcohols as biofuels.". Nature 451 (7174): 86–9. Bibcode:2008Natur.451...86A. PMID 18172501. doi:10.1038/nature06450. 
  3. Choi, YJ.; Lee, SY. (Oct 2013). "Microbial production of short-chain alkanes.". Nature 502 (7472): 571–4. Bibcode:2013Natur.502..571C. PMID 24077097. doi:10.1038/nature12536. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]