Ribadumia | |||
---|---|---|---|
Nome | Club Deportivo Ribadumia | ||
Alcume(s) | Riber | ||
Fundación | 1959 | ||
Estadio | A Senra, Ribadumia, Galicia | ||
Capacidade | 2000 | ||
Presidente | Alberto Vázquez Ruibal | ||
Adestrador | Luis Carro | ||
Liga | 3ª – Grupo 1 | ||
2019/20 | 1º | ||
Vestimenta | Trezze | ||
Patrocinador | Treyco | ||
Na rede | |||
| |||
O Club Deportivo Ribadumia é un club galego de fútbol que naceu en 1959 en Ribadumia. Na actualidade compite na Terceira División, logo de ascender na tempada 2019–20.
O club fundouse en 1959, sendo o seu primeiro presidente Amadeo Serantes.[1] En 1961 comezou a competir na liga das Rías Baixas, permanecendo nesta categoría ata 1975, cando pasou a Terceira Rexional. En 1985 ascendeu a Segunda e na tempada 1989/90 ascendeu por primeira vez a Primeira Rexional. Estivo só un ano na categoría, descendendo de novo a Segunda ao remate da tempada, ata que volveu ascender na 1993/94.[2]
Na tempada 2006/07 acabou campión do grupo 4º, conseguindo o ascenso a Preferente, categoría na que xogaría durante os seguintes sete anos.[3][4] Na tempada 2013/14 o equipo conseguiu o seu primeiro ascenso á Terceira División, despois de quedar campión do Grupo Sur de Preferente,[5] con Gabriel Leis no banco e liderado no campo por Changui, autor de 32 goles.[6][7] O equipo alcanzou a sétima praza na súa primeira tempada en Terceira. Nesa tempada creouse tamén o Ribadumia B, un filial para formar xogadores da canteira, que comezou a xogar en Terceira Autonómica Grupo 15.
Tras cinco tempadas en Terceira, o Ribadumia volveu caer a Preferente ao remate da tempada 2018/19, ao rematar 18º. Con todo, o equipo acabou como primeiro do Grupo Sur no seu regreso a Preferente. Venceu ademais ao Viveiro, primeiro do grupo Norte, proclamándose así como campión de Preferente e accedendo á fase previa da Copa do Rei.[8] En dita fase xogada o 11 de novembro de 2020 o equipo ribadumiense, adestrado por Luis Carro, conseguiu unha histórica clasificación para a Copa, derrotando en Cantabria ao Miengo FC por 0-1, cun gol de Diego Abal.[9] No sorteo da primeira rolda o equipo quedou emparellado co Cádiz CF, de Primeira División,[10] contra o que finalmente quedou eliminado ao perder por 0-2 na Senra.[11]
|
|