Club Native | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Club Native |
Director | Tracey Deer |
Produtor |
|
Guión | Tracey Deer |
Música |
|
Fotografía | Jeff Dorn |
Montaxe | Carl Freed |
Estrea | 16 de outubro de 2008 |
Duración | 78 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Documental |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() |
Club Native é un filme documental canadense de 2008 dirixido por Tracey Deer, no cal explora a identidade e comunidade mohawk, así como as cotas de sangue. O filme analiza como as mulleres da comunidade natal de Deer, Kahnawake, corren o risco de perder o seu dereito a vivir na reserva, despois de casar con non nativos.[1][2]
O filme recibiu o premio Canadá da Academia de Cinema e Televisión Canadense ao mellor programa multicultural canadense e un premio Gemini ao mellor guión documental.[3] Club Native tamén recibiu o premio ao mellor documental no Festival Dreamspeakers de Edmonton, o premio ao mellor filme canadense no First Peoples' Festival e o premio Colin Low ao mellor documental canadense no DOXA Documentary Film Festival. O filme foi coproducido por Rezolution Pictures e o National Film Board of Canada.[4]