Rápido de Bouzas | |||
---|---|---|---|
Nome | Club Rápido de Bouzas | ||
Alcume(s) | Gualdinegros | ||
Fundación | 1914 | ||
Estadio | Baltasar Pujales, Bouzas, Vigo, Galicia | ||
Inauguración | 2001 | ||
Capacidade | 1500 | ||
Presidente | Alfonso Caneiro | ||
Adestrador | Víctor Rodríguez | ||
Liga | Preferente – Grupo 2 | ||
2023/24 | 15º | ||
Vestimenta | Nike | ||
Patrocinador | Pescamar | ||
Na rede | |||
http://www.rapidodebouzas.com/ | |||
| |||
O Club Rápido de Bouzas é un club de fútbol da parroquia de Bouzas na cidade de Vigo, que milita no Grupo II da Preferente Galicia. Fundado en 1914, é o segundo equipo de fútbol máis antigo de Galicia.[1] O club acadou o seu cumio deportivo entre 2017 e 2019, cando militou durante dúas tempadas na Segunda División B, terceira categoría do fútbol español.[1]
O equipo foi fundado o 12 de agosto de 1914[2] co nome de Club Rápido Football, no seo do Liceo Marítimo de Bouzas, do cal tomou as cores negra e amarela.[1]{ Converteuse en club en 1917 e federouse en 1921.
Participou na Serie B do Campionato de Galicia de fútbol, resultando campión na tempada 1922-23. No verán dese ano foi convidado a unirse co Real Vigo Sporting Club e mais o Real Club Fortuna de Vigo no proxecto de fusión que deu lugar ao Celta de Vigo, mais o club declinou a oferta.
Na tempada 1965-66 acadaron o ascenso por vez primeira á Tercera División, competición que gañaron na temada 2004-2005. É o equipo de Galicia con maior número de tempadas consecutivas nesta categoría tras o Cerceda. Amais acadaron seis títulos de Campión de Galicia de afeccionados. En 2005 o club xogou por vez primeira a Copa do Rei de fútbol, sendo eliminado polo Rayo Vallecano. No ano 2014 foi galardoado co premio Vigués distinguido.
Na tempada 2015-16 o equipo gañou o grupo galego da Copa RFEF, tras eliminar o Deportivo B e o Alondras, e vencer na final fronte ao Cerceda en Ribadumia por 3-0.[3]
O 25 de xuño de 2017 logrou o ascenso a Segunda B por vez primeira tras eliminar o Peralada, o Cayón e o Villa de Santa Brígida.[1] Mantívose nesta categoría dúas tempadas, clasificándose de novo para a Copa do Rei.
Na actualidade o presidente da entidade gualdinegra é Manuel Pedro Seoane Cordal. Así mesmo, o presidente honorífico é Baltasar Pujales Estévez.
O Campo de Fútbol Municipal Baltasar Pujales é a sede onde o Club Rápido de Bouzas disputa os seus encontros.
|
|
|
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Club Rápido de Bouzas |