Recreativo Granada | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Club Recreativo Granada | |||
Alcume(s) | El B, Recreativo | |||
Fundación | 10 de xullo de 1947 (77 anos) | |||
Estadio | Ciudad Deportiva del Granada CF, Granada, España | |||
Inauguración | 2015 | |||
Capacidade | 2000 | |||
Presidente | Jiang Lizhang | |||
Adestrador | Rubén Torrecilla | |||
Liga | Segunda División B – Grupo 4 | |||
2019–20 | 18.º | |||
Na rede | ||||
http://www.granadacf.es/ | ||||
| ||||
O Club Recreativo Granada é un equipo de fútbol español, filial do Granada Club de Fútbol, da cidade de Granada. Foi fundado en 1947 e actualmente xoga na Segunda División B.
O Recreativo fundouse co motivo primordial de fornecer de xogadores ao primeiro equipo e crear un viveiro onde axuntar a todos os xogadores novos da provincia. Tralo seu fundación en 1947, adoptou as cores azul e branco ademais do nome do antigo Recreativo de Granada (actual Granada Club de Fútbol) e conseguiu unha serie de ascensos que o levou a militar durante varias tempadas na Terceira División onde chegou a enfrontarse entre outros co Real Betis Balompié.
Conseguiu dous ascenso consecutivos, a Terceira División durante a tempada 2011/12, e a Segunda División B na 2012/13. Este último, foi histórico, pois nunca antes o Granada B xogara nesa categoría.
Tempada | Categoría | Posto |
---|---|---|
2011/12 | 1ª And. | 1.º |
2012/13 | 3ª | 3.º |
2013/14 | 2ª B | 6.º |
2014/15 | 2ª B | 5.º |
2015/16 | 2ª B | 5.º |
2016/17 | 2ª B | 8.º |
2017/18 | 2ª B | 8.º |
2018/19 | 2ª B | 14.º |
2019/20 | 2ª B | 18.º |
2020/21 | 2ª B |