As clásicas das Ardenas son tres carreiras clásicas ciclistas que se disputan nas Ardenas entre Holanda e Bélxica. Amstel Gold Race, Flèche Wallonne e Liexa-Bastogne-Liexa.
Celébranse ó longo de oito días comenzando o terceiro domingo de abril (Amstel Gold Race), continuando o terceiro mércores de abril (Flèche Wallonne) e finalizando o cuarto domingo de abril (Liexa-Bastogne-Liexa). As tres carreiras son independentes entre si é non existe ningún tipo de clasificación final ou cómputo acumulado, pero do mesmo xeito que acontece nas grandes voltas ou nos monumentos do ciclismo, o rendemento acumulado nas tres probas goza dun prestixio especial.
Na proba masculina so Davide Rebellin en 2004 e Philippe Gilbert en 2011[1] conseguiron gañar as tres nunha mesma tempada. En anos alternos sumaron as tres Eddy Mercks, Bernard Hinault, Michele Bartoli e Danilo Di Luca.
Dentro do ciclismo feminino so temos tríptico das Ardenas dende o ano 2017 e ese mesmo ano a holandesa Anna van der Breggen xa conseguiu o triplete[2].