Coelurus

Coelurus
Rango fósil: 152 Ma-145 Ma
Xurásico superior

Restauración do seu esqueleto
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Superorde: Dinosauria
Orde: Saurischia
Suborde: Theropoda
(sen clasif.): Coelurosauria
Familia: Coeluridae
Xénero: ''Coelurus''
Marsh, 1879
Especie
  • Coelurus fragilis Marsh, 1879 tipo
Sinonimia
  • Coelurus agilis Marsh, 1884
  • Elaphrosaurus agilis (Marsh, 1884) Russell, Beland & McIntosh, 1980

Coelurus é un xénero de dinosauro coelurosauro que viviu a finais do período Xurásico superior (hai entre 155 e 152 millóns de anos). O seu nome quere dicir "cola oca", referíndose aos ocos das vértebras da súa cola (do grego κοῖλος, koilos = oco + οὐρά, oura = cola). Aínda que o seu nome está conectado cunha das principais divisións de terópodos (Coelurosauria), historicamente a súa clasificación foi pobremente entendida e ás veces foi confundido co seu contemporáneo máis coñecido Ornitholestes. Como moitos outros dinosauros estudados nos primeiros anos da paleontoloxía tivo unha historia taxonómica confusa, con diversas especies que foron nomeadas dentro do xénero e que posteriormente foron tranferidas a outros xéneros ou cuxos nomes foron abandonados. No presente, só está recoñecida unha soa especie como válida, a especie tipo, C. fragilis, descrita por Othniel Charles Marsh en 1879. É coñecida por un único esqueleto parcial atopado na Formación de Morrison de Wyoming, nos Estados Unidos de América. Era un pequeno carnívoro bípede con patas elongadas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]