Coiraza | |
---|---|
[ editar datos en Wikidata ] | |
A coiraza,[1] termo derivado do latín coiracea, feminino de coiraceus, "de coiro", é unha peza da armadura, ríxida, que pode estar confeccionada con materiais moi diversos, entre eles ferro, bronce, aceiro, coiro endurecido ou até madeira, deseñada para a protexer o torso.
Orixinalmente tratábase dunha soa peza pectoral de coiro,[2] moldeada coa forma desexada.
Por extensión, tamén se chaman coirazas as armaduras formadas por dúas pezas feitas de coiro ou metal.
Unha coiraza consistía nunha armadura ríxida para protexer o torso dun soldado ou guerreiro. Habitualmente compoñíase de dúas partes: unha para protexer o peito, denominada peto [3] ou plastrón,[4] e outra para o lombo, o espaldar, aínda que tamén, como no caso da lorica segmentata romana, podía ter reforzos nos flancos do pescozo e nas ombreiras, para protexer os deltoides.
Sobre as coirazas de coiro podíanse coser elementos metálicos, tiras de coiro para reforzala ou mallas de ferro entretecidas (cotas[5] e cotas de malla).
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Coiraza |
![]() |
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|