Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2019.) |
Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
O coitelo de supervivencia[1] ou coitelo polivalente é un coitelo destinado á supervivencia nun ambiente salvaxe, a miúdo en caso de emerxencia cando o usuario perdeu a maior parte do seu equipo principal.
As unidades militares equipan con algún coitelo de supervivencia aos pilotos por se o seu avión fose abatido. Pódense empregar para a captura, esfolado, corte de madeira, talla de madeira e outros usos. Son utilizados por cazadores, excursionistas e afeccionados aos deportes ao aire libre. Algúns coitelos de supervivencia son grosos e pesados, mentres que outros son lixeiros ou pregables co fin de aforrar peso e volume como parte dun kit de supervivencia maior. As súas funcións inclúen a miúdo servir de coitelo de caza. As características, como asas ocas que se poderían usar como espazo de almacenamento para mistos ou obxectos pequenos similares, comezaron a gañar popularidade nos anos 80.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Coitelo de supervivencia |