A colmea Langstroth é un tipo de colmea vertical, patentada en 1852 nos Estados Unidos polo seu inventor, Lorenzo Langstroth. Esta colmea revolucionou o mundo da apicultura polos seus cadros e alzas móbiles.
Tradicionalmente o material é a madeira, na actualidade podemos observar colmeas confeccionadas en materiais plásticos, cemento con area volcánica (vermiculita) etc. A madeira empregada depende da rexión ou da flora do país onde reside o apicultor. Nos pisos e teitos é común utilizar madeiras duras, mentres que nas alzas utilízanse madeiras semiduras, e na confección dos cadros madeiras semiduras e brandas. A madeira protéxese con pinturas xeralmente, e se son brandas as alzas adoitan ser parafinadás o que se logra mergullandoas en parafina líquida a 110 °C producíndose unha incrustación na madeira. Tamén resulta habitual impregnar a madeira das colmeas en aceite de linaza.
Esta colmea foi adoptada como a colmea perfección en practicamente todo o mundo. As súas vantaxes residen no cadro móbil, que permite un adecuado manexo á hora de dividir unha colmea en dúas, xa que podemos levar cadros con cría a outra cámara ou núcleo. Esta colmea permite ir proporcionando acomodo ás necesidades da colonia a medida que crece a poboación de abellas, agregando novas alzas, para aumentar a cámara de cría ou para aumentar o espazo necesario na acumulación de mel, tamén permite ser acoutada reducindo o espazo útil en momentos de carestía, por necesidades sanitarias etc. Ao ser unha colmea articulada o apicultor agrega material ou quita o mesmo ao cultivala, devolvendo as alzas baleiras cos seus cadros intactos para que se produza unha novo enchido dos panales con mel. Esta colmea permite ter exposta ás inclemencias do tempo, parte do material, a cámara de cría e unha alza melaria, pero pódense manter o resto das alzas melarias en lugares protexidos e ao enxoito durante o inverno. Entre as desvantaxes podemos citar o custo elevado que pode ter esta colmea nos países menos desenvolvidos, por iso certas organizacións recomendan o uso de colmeas horizontais. É necesario un manexo adecuado, principalmente o da cámara de cría (agrandándoa) durante o desenvolvemento da colmea. Pola contra, é necesario achicar o espazo quitando alzas durante a invernada. Na transhumancia é fácil mover cámaras de cría, pero resulta moi dificultoso mover colmeas cun alza melaria arriba.
O núcleo é unha colmea tipo langstroth reducida no seu ancho, poden ser de tres, catro, ou cinco marcos móbiles, utilizados para dividir parte da poboación de abellas coa finalidade de xerar unha nova colonia. Como a poboación ou núcleo orixinal para dar comezo a unha nova colonia é normalmente reducida búscase unha localización de menor tamaño, que permita unha mellor termoregulación da colonia. A división dunha colonia lógrase colocando dentro dun nuclero 2 ou 3 cadros con cría operculada, un ou dous de mel e unha mestra fecundada ou na súa falta unha mestra vírxe ou unha cela real por nacer. Nuns días a nova mestra comeza a postura e así obtemos unha nova colmea, cando trasbasamos o contido do nuclero a unha nova cámara de cría, onde completamos os 10 cadros móbiles.
Tipo | Langstroth | Dadant | Lusitana | Layens |
---|---|---|---|---|
Medidas cámara cría | 46,5x38x24 | 46,5x38x31 | 37x38x31 | segundo Nº cadros |
Medidas alzas | 46,5x38x24 | 46,5x38x17 | 37x38x16 | |
Med. cadro cámara | 42x20 | 42x27 | 33x27 | 35x30 |
Med cadro alza mel | 42x20 | 42x13 | 33x12 | 35x30 |
Superficie cadro | 160 dm² | 220 dm² | 180 dm² | 240 dm² |
Cría teórica | 45.000 abellas | 60-62.000 abellas | 50.000 abellas | 67.200 abellas |
kg de abella x cría | 4,5 kg | 6 kg | 5 kg | 6,7 kg |
Capacidade en litros | 42,4 L | 54 L | 43,5 L | |
Capacidade total | 84,8 L | 84 L | 65,9 L | |
Capacidade en alza mel. | 25 kg | 16 kg | 13 kg |
Véxase tamén: