Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña ![]() | ||||
Capital | Ferrol ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 151.822 (2020) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 623,45 km² ![]() | ||||
A comarca de Ferrol é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é Ferrol. Abrangue once concellos: Ares, Cedeira, Fene, Ferrol, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño. Limita ao norte e ao leste co océano Atlántico, ao leste coa comarca do Ortegal e ao sur coa comarca do Eume. Ten unha extensión de 623,45 km² e no ano 2000 tiña 151.822 habitantes.[1] Xunto coas comarcas de Eume e Ortegal, integra a ambigua e non oficial Ferrolterra.
A comarca pódese dividir en tres subcomarcas claramente diferenciadas:
En todos os casos as intensas relacións funcionais con Ferrol integran estas diferentes vinculacións locais nunha unidade comarcal de orde superior moi condicionada por relacións económicas, sociais, administrativas e sanitarias. Ferrol é o concello de maior importancia económica e o de maior poboación. A administración estatal, moi vinculada a intereses militares, a Xunta de Galicia e a xudicatura teñen a súa sede en Ferrol. A sanidade está artellada na organización do Sergas con sede no Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos.
Padrón municipal 2020 | 151.822 habitantes[1] |
---|---|
Menores de 15 anos | 18.365 (12,10%) |
Entre 16 e 64 anos | 92.495 (60,92%) |
Maiores de 65 anos | 40.962 (26,98%) |
Pertencen á comarca de Ferrol os seguintes 11 concellos:
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Comarca de Ferrol |