A comarca de Fisterra é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Cee[1]. O nome da comarca non obedece ó nome do principal centro urbano, nin a un factor histórico, senón ó enclave do cabo Fisterra.[1] A esta comarca pertencen os concellos de Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía. Correspóndese co territorio chamado Terra de Nemancos.[2]
↑Lema Suárez, Xosé Mª; Domínguez Rial, Evaristo; Fernández Carrera, Xan; Mouzo Lavandeira, Roberto; Rei Lema, Xosé Mª (2010). A Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte. Xerais. p. 77. ISBN978-84-9914-163-3.