Comarca dos Valles Pasiegos

Modelo:Xeografía políticaComarca dos Valles Pasiegos
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°12′N 3°54′O / 43.2, -3.9
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCantabria Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie599 km² Editar o valor en Wikidata

A comarca dos Valles Pasiegos ou la Pasieguería é unha comarca histórica de Cantabria (España). Por esta comarca transcorren os ríos Pas e Miera. Limita ao norte coa comarca de Santander, ao leste coa do Asón-Agüera, ao oeste coa do Besaya, e ao sur esténdese por Espinosa de los Monteros na provincia de Burgos.

A comarca, tamén coñecida como Pas-Miera ou Pas-Pisueña-Miera, engloba os cursos altos dos ríos Pas e Miera, e está formada polos vales de Toranzo, Carriedo, Cayón e Pas. Cun carácter eminentemente rural, a súa poboación bascula cara a Torrelavega, Santander ou Laredo en busca de servizos. Destaca do lugar o val pasiego polas súas históricas características intrínsecas.

A pesar de que xa existe unha lei de comarcalización de Cantabria, esta aínda non foi desenvolvida polo tanto a comarca non ten entidade real.[1]

Concellos

[editar | editar a fonte]
Imaxe panorámica da zona baixa do val do Miera vista desde o Somo de Brenas.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Concellos máis poboados da comarca
Posición Concello Poboación
Santa María de Cayón 7.377
Puente Viesgo 2.522
Corvera de Toranzo 2.199

A poboación total da comarca alcanza a cifra de 23.257 habitantes, segundo datos do INE do ano 2006. Segundo os datos do mesmo ano, os seus tres núcleos máis poboados, de maio a menor, son: Santa María de Cayón (7.377), Puente Viesgo (2.522) e Corvera de Toranzo (2.199). E os seus tres núcleos menos poboados, de menor a maior, son: San Roque de Riomiera (461), Saro (510) e San Pedro del Romeral (561).

  1. Lei 8/1999, de 28 de abril, de comarcas da comunidade autónoma de Cantabria. [1] Arquivado 12 de decembro de 2009 en Wayback Machine.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]