Comité Olímpico Arubano | |
---|---|
![]() | |
Tipo | Comité olímpico nacional |
Deporte | deporte olímpico |
Data de fundación | 1985 |
País | Aruba |
Na rede | |
http://www.olympicaruba.com/ | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Comité Olímpico Arubano é o organismo responsábel da representación de Aruba nos Xogos Olímpicos. Foi estabelecido en 1985 despois de que Aruba se separase das Antillas Neerlandesas. O comité foi recoñecido oficialmente polo Comité Olímpico Internacional (COI) o ano seguinte.
Aruba competiu por vez primeira nos Xogos Olímpicos de 1988, e dende entón participou en cada edición dos Xogos de Verán. Aruba non competiu aínda nos Xogos Olímpicos de Inverno e tampouco gañou ningunha medalla olímpica.