oxoglutarato deshidroxenase | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Identificadores | |||||||||
Número EC | 1.2.4.2 | ||||||||
Número CAS | 9031-02-1 | ||||||||
Bases de datos | |||||||||
IntEnz | vista de IntEnz | ||||||||
BRENDA | entrada de BRENDA | ||||||||
ExPASy | vista de NiceZyme | ||||||||
KEGG | entrada de KEGG | ||||||||
MetaCyc | vía metabólica | ||||||||
PRIAM | perfil | ||||||||
Estruturas PDB | RCSB PDB PDBe PDBj PDBsum | ||||||||
Gene Ontology | AmiGO / EGO | ||||||||
|
O complexo da α-cetoglutarato deshidroxenase ou complexo da oxoglutarato deshidroxenase é un complexo encimático formado por tres encimas, que intervén no ciclo do ácido cítrico ou de Krebs entre outras rutas. No ciclo do ácido cítrico converte o α-cetoglutarato (ou 2-oxoglutarato) en succinil-CoA e CO2, con produción de NADH.
O complexo está formado por tres compoñentes:
'Unidade | Número EC | Nome | Xene | Coencima |
E1 | Número EC 1.2.4.2 | alfa-cetoglutarato deshidroxenase ou oxoglutarato deshidroxenase |
OGDH | pirofosfato de tiamina (TPP) |
E2 | Número EC 2.3.1.61 | dihidrolipoíl succiniltransferase | DLST | ácido lipoico |
E3 | Número EC 1.8.1.4 | dihidrolipoíl deshidroxenase | DLD | FAD |
Na célula existen tres complexos multiencimáticos con TPP e ácido lipoico, un específico para o piruvato, outro para o alfa-cetoglutarato (ou 2-oxoglutarato), e un terceiro para os α-cetoácidos de cadea ramificada.
Este encima participa en tres vías diferentes:
Os seguintes valores refírense ao complexo encimático da bacteria Azotobacter vinelandii (1):
A reacción catalizada por este encima no ciclo do ácido cítrico é:
A reacción procede en tres pasos:
A ΔG°' desta reacción é -7.2 kcal mol−1. A enerxía necesaria par esta oxidación consérvase na formación do enlace tioéster do succinil-CoA.
A alfa-cetoglutarato deshidroxenase é un punto de control fundamental no ciclo do ácido cítrico. O complexo é inhibido polos seus produtos, o succinil-CoA e o NADH. Unha carga de alta enerxía na célula tamén é inhibitoria. O ADP e os ións calcio son activadores alostéricos.
A alfa-cetoglutarato deshidroxenase é un autoantíxeno recoñecido autoinmunitariamente na cirrose biliar primaria, unha forma de insuficiencia hepática grave.[1] A actividade do complexo da alfa-cetoglutarato deshidroxenase diminúe en moitas enfermidades neurodexenerativas.