O complexo do citocromo b6f é un dímero, e cada un dos seus monómeros está composto por oito subunidades.[2] O peso molecular total do complexo é de 217 kDa. Os monómeros constan dos seguintes compoñentes:
catro subunidades pequenas (de 3-4 kDa) chamadas: PetG, PetL, PetM, e PetN.[2][3]
Foron determinados xa as estruturas cristalinas dos complexos citocromo b6f de Chlamydomonas reinhardtii, Mastigocladus laminosus, e Nostoc sp. PCC 7120.[4][5][6] O complexo é estruturalmente similar ao citocromo bc1. O citocromo b6 e a subunidade IV son homólogas ao citocromo b[7], e as proteínas ferro-sulfuradas de Rieske de ambos os complexos son homólogas.[8] Porén, os citocromos f e c1 non son homólogos.[9]
O citocromo b6f contén sete grupos prostéticos.[10][11] Catro deles atópanse tanto no citocromo b6f coma no bc1, e son: o hemo tipo c dos citocromos c1 e f, os dous hemo tipo b (bp e bn) do bc1 e b6f, e o grupo [2Fe-2S] da proteína de Rieske. Os outros tres grupos prostéticos atópanse no citocromo b6f, e son: clorofila a, β-caroteno, e hemo cn (tamén chamado hemo x).[4]
Noutra reacción diferente, o complexo do citocromo b6f xoga un papel central na fotofosforilación cíclica, na cal o NADP+ non acepta os electróns da ferredoxina reducida.[1] Á vez que transporta electróns, o complexo do citocromo b6f transfire protóns (traídos polas plastoquinonas/plastoquinol) desde o estroma do cloroplasto a través da membrana do tilacoide ata o lume tilacoidal. Este ciclo dá lugar á creación dun gradiente de protóns polo citocromo b6f, que se pode utilizar para impulsar a síntese de ATP. Este ciclo é esencial no conxunto da fotosíntese,[13] xa que se cre que axuda a manter na produción da fase luminosa unha proporción axeitada de ATP/NADPH para a fixación do carbono na fase escura.[14][15]
O complexo do citocromo b6f é responsable da "fotofosforilación acíclica" (1) e da "fotofosforilacion cíclica" (2), na que se transfiren electróns entre dous transportadores redox móbiles, o plastoquinol (QH2 ou PQH2) e a plastocianina (Pc):
H2O
→
fotosistema II
→
QH2
→
Cyt b6f
→
Pc
→
fotosistema I
→
NADPH
(1)
QH2
→
Cyt b6f
→
Pc
→
fotosistema I
→
Q
(2)
O citocromo b6f cataliza a transferencia de electróns do plastoquinol á plastocianina, á vez que bombea protóns desde o estroma ao lume tilacoidal:
Esta reacción ocorre por medio do chamado ciclo Q (igual ca no complexo III mitocondrial).[16] A plastoquinona actúa como o transportador de electróns, transferindo os seus dous electróns a unha cadea de transportadores de electróns de alto e baixo potencial por medio dun mecanismo chamado bifurcación de electróns.[17]
O QH2 (plastoquinol) únese ao lado luminal ou "p" (positivo) do complexo. É oxidado a semiquinona (SQ) polo centro ferro-sulfurado (centro de transporte electrónico de alto potencial) e libera dous protóns no lume tilacoidal.
O centro ferro-sulfurado reducido transfire o seu electrón a través do citocromo f á plastocianina (Pc).
No centro de transporte electrónico de baixo potencial a SQ transfire o seu electrón ao hemo bp do citocromo b6.
O hemo bp transfire entón o electrón ao hemo bn.
O hemo bn reduce a plastoquinona (Q) cun electrón para formar a SQ.
Segunda metade do ciclo Q
Un segundo plastoquinol (QH2) únese ao complexo.
No centro de transporte electrónico de alto potencial un electrón reduce outra Pc oxidada.
No centro de transporte electrónico de baixo potencial, o electrón procedente do hemo bn é transferido á SQ, e a Q2- completamente reducida capta dous protóns do estroma para formar QH2.
A Q (oxidada) e a QH2 (reducida) que foron rexeneradas difunden na membrana.
A diferenza do complexo III mitocondrial, o citocromo b6f cataliza outra reacción de transferencia de electróns que é central para a fotofosforilación cíclica. O electrón procedente da ferredoxina (Fd) transfírese á plastoquinona e despois o complexo do citocromo b6f reduce a plastocianina, a cal é reoxidada polo P700 do fotosistema I.[18] O mecanismo exacto de como a plastoquinona é reducida pola ferredoxina aínda está a investigarse. Unha proposta é que alí existe unha ferredoxina:plastoquinona-redutase ou unha NADP deshidroxenase.[18] Como parece que non se require o hemo x para que se realice o ciclo Q e non se atopa no complexo III,[12] propúxose que para a fotofosforilación cíclica se utiliza o seguinte mecanismo:[17][19]
Fd (red.) + hemo x (ox.) → Fd (ox.) + hemo x (red.)
hemo x (red.) + Fd (red.) + Q + 2H+ → hemo x (ox.) + Fd (ox.) + QH2
↑Yamashita, E.; Zhang, H.; Cramer, WA. (2007). "Structure of the cytochrome b6f complex: quinone analogue inhibitors as ligands of heme cn.". J Mol Biol370 (1): 39–52. PMID17498743. doi:10.1016/j.jmb.2007.04.011.
↑Baniulis, D.; Yamashita, E.; Whitelegge, JP.; Zatsman, AI.; Hendrich, MP.; Hasan, SS.; Ryan, CM.; Cramer, WA. (2009). "Structure-Function, Stability, and Chemical Modification of the Cyanobacterial Cytochrome b6f Complex from Nostoc sp. PCC 7120.". J Biol Chem284 (15): 9861–9. PMID19189962. doi:10.1074/jbc.M809196200.PMID 19189962
↑Widger, WR.; Cramer, WA.; Herrmann, RG.; Trebst, A. (1984). "Sequence homology and structural similarity between cytochrome b of mitochondrial complex III and the chloroplast b6-f complex: position of the cytochrome b hemes in the membrane.". Proc Natl Acad Sci U S A81 (3): 674–8. PMID6322162. doi:10.1073/pnas.81.3.674.PMID 6322162
↑Carrell, CJ.; Zhang, H.; Cramer, WA.; Smith, JL. (1997). "Biological identity and diversity in photosynthesis and respiration: structure of the lumen-side domain of the chloroplast Rieske protein.". Structure5 (12): 1613–25. PMID9438861.PMID 9438861
↑Martinez, SE.; Huang, D.; Szczepaniak, A.; Cramer, WA.; Smith, JL. (1994). "Crystal structure of chloroplast cytochrome f reveals a novel cytochrome fold and unexpected heme ligation.". Structure2 (2): 95–105. PMID8081747.PMID 8081747
↑Cramer, WA.; Zhang, H.; Yan, J.; Kurisu, G.; Smith, JL. (2004). "Evolution of photosynthesis: time-independent structure of the cytochrome b6f complex.". Biochemistry43 (20): 5921–9. PMID15147175. doi:10.1021/bi049444o.PMID 15147175
↑ 12,012,1Kurisu, G.; Zhang, H.; Smith, JL.; Cramer, WA. (2003). "Structure of the cytochrome b6f complex of oxygenic photosynthesis: tuning the cavity.". Science302 (5647): 1009–14. PMID14526088. doi:10.1126/science.1090165.PMID 14526088
↑Munekage, Y.; Hashimoto, M.; Miyake, C.; Tomizawa, K.; Endo, T.; Tasaka, M.; Shikanai, T. (2004). "Cyclic electron flow around photosystem I is essential for photosynthesis.". Nature429 (6991): 579–82. PMID15175756. doi:10.1038/nature02598.PMID 15175756
↑Bendall, Derek. "Cyclic photophosphorylation and electron transport". Biochimica et Biophysica Acta (BBA) - Bioenergetics. doi:10.1016/0005-2728(94)00195-B.
↑Cramer, WA.; Soriano, GM.; Ponomarev, M.; Huang, D.; Zhang, H.; Martinez, SE.; Smith, JL. (1996). "Some new structural aspects and old controversies concerning the cytochrome b6f complex of oxygenic photosynthesis.". Annu Rev Plant Physiol Plant Mol Biol47: 477–508. PMID15012298. doi:10.1146/annurev.arplant.47.1.477.PMID 15012298
↑Cramer, WA.; Yan, J.; Zhang, H.; Kurisu, G.; Smith, JL. (2005). "Structure of the cytochrome b6f complex: new prosthetic groups, Q-space, and the 'hors d'oeuvres hypothesis' for assembly of the complex.". Photosynth Res85 (1): 133–43. PMID15977064. doi:10.1007/s11120-004-2149-5.PMID 15977064